28 de xuño de 2016

Ata o curso que ven!!!

E xa rematamos este curso 2015-2016. Pero non vos peocupedes, en setembro estaremos de novo por aquí.


Feliz verán a tod@s @s Pequerrech@s da Carballeira!!!

Parece que foi onte...

Parece que foi onte..... nada máis certo en estos momentos que esta frase tan manida. 
Parece que foi onte cando viñeron por primeira vez ao cole. Nestes tres anos algúns compañeiros marcharon e outros foron chegando e con este video queremos lembralos a todos, e os grandes e pequenos momentos que pasamos xuntos.


Tamén querémoslles agradecer aos papás e mamás a súa implicación durante todos estes anos, porque unha Educación Infantil completa para os nenos, so se entende desde a comunicación, colaboración e participación das familias.

E para rematar....festa!!!

Este mércores finalizou o curso e para celebralo fixemos unha estupenda merenda na clase.
Logo, co resto do cole , fomos ver un teatriño de monicreques, "As peripecias de Estravaganzza Pérez", que nos ofreceron os alumnos do IES Mestre Landín.


A continuación Teo e os seus compañeiros da actividade de baile moderno mostráronnos os bailes que prepararon con tanta ilusión. 



E por último houbo entrega de orlas aos alumnos que rematan etapa educativa. 


Julé, Leonor, Ainara, Mateo e Giselle finalizan a Educación Infantil e o curso que ven xa non formarán parte dos Pequerrech@s da Carballeira. Moita sorte para eles na Educación Primaria!!!

22 de xuño de 2016

Canta bichería!

Parece que o tema do Salón do Libro deste ano "Canta bichería" foi premonitorio para este remate de curso.
Hoxe Iris trouxo dúas ras que atopou de excursión coa súa familia e antes de devolvelas ao seu habitat quixo ensinalas na clase.


Aproveitamos a ocasión para investigar sobre as ras e coñecer unha chea de cousas sobre elas.


Foi unha experiencia moi interesante.

Feliz aniversario Joel!!!

Ainda que o seu aniversario é no verán, Joel quixo adelantar a súa celebración para festexalo con tod@s @s compañeir@s deste curso.
 



Parabéns Joel!!!

20 de xuño de 2016

Unha sorpresa xenial!!!

Hoxe, aproveitando o bo tempo, fomos a merendar debaixo das árbores que hai no patio.
A nosa sorpresa foi enorme cando descubrimos dous ourizos que tiveran a mesma idea que nós.


Despois de espertar do seu letargo invernal estaban ente a herba aproveitando este fermoso día de primavera.



Así que, despois de observalos un intre, deixámolos ao seu aire e fómonos a tomar a nosa merenda á sombra das árbores.


Foi unha experiencia xenial!!!

17 de xuño de 2016

Visitounos Cati Mercedes!

Hoxe tivemos unha visita moi especial. Cati Mercedes, a tartaruga mascota de Mateo, veu á nosa clase. 
Todos quixeron saudala, acariñala, ver como camiñaba... 


Cati Mercedes estivo moi calma, e puidemos observar tranquilamente o seu caparazón, a súa cabeciña con manchas de cor vermella, as súas patas dianteiras con gadoupas e as traseiras semipalmeadas...


Logo, como queriamos saber máis cousas sobre as tartarugas fomos á biblioteca para investigar.


E acabamos facendo un debuxo para levar a casa e contar ás familias esta visita tan especial. 

Podedes ver máis fotos aquí.

3 de xuño de 2016

Presentamos o noso PDI

Rematamos por este curso co noso Proxecto Documental Integrado  e chegou o momento de expoñer ante o resto do cole todo o pescudado sobre a "Alimentación saudable".


Ademáis de facer as investigacións necesarias para chegar a saber unha chea de cousas sobre os alimentos que debemos consumir para estar sanos e fortes, centramos o noso traballo nos cereais xa que son o grupo de alimentos máis consumido no planeta e indispensables para unha alimentación equilibrada. E pódense consumir de tantos xeitos diferentes que gustan a todo o mundo. 
Neste video podedes ver unha mostra do que fixemos. 

2 de xuño de 2016

As nosas leitugas xa están en casa

Despois de telas coidado con moito agarimo durante toda a semana chegou a hora de levar as nosas leituguiñas para casa.


Estes días estivemos a observar como crecían, proporcionándolles boa luz, regándoas con coidado e vendo brotar novas folliñas.


Agora que xa arraigaron continuaremos coidándoas na casa para que cando medren toda a familia poda saborear unha deliciosa ensalada.



Lembrade que o curso que ven poñeremos en funcionamento un horto escolar para potenciar os cultivos ecolóxicos, como motivación dunha alimentación saudable.

1 de xuño de 2016

Facemos memoria: "Papel en blanco"

Esta semana faremos a presentación do noso Proxecto Documental Integrado de este ano "Alimentación saudable".
Estamos impacientes por mostrar a todos o moito que aprendemos.
 
O curso pasado, o noso PDI xirou en torno ao libro de Josu Díaz "Papel en blanco" e fixemos unha exhaustiva investigación sobre o papel. 
Si o queredes lembrar, tédelo aquí.