31 de marzo de 2017

28 de marzo de 2017

Mochilas viaxeiras: Mauro

Mirade que contento está Mauro. A mochila viaxeira vai estar estes días na súa casa e poderá desfrutar dela xunto coa súa familia.

 

25 de marzo de 2017

Motricidade fina

A motricidade fina céntrase en movementos máis precisos que necesitan unha maior coordinación realizada por un grupo de músculos máis pequenos, por exemplo a coordinación óculo-manual (ollo-mano) que se precisa ao coller un lapis e colorear.



Para este tipo de motricidade demándase un maior desenvolvemento muscular e do sistema nervioso.



A motricidade fina é moi importante para poder experimentar coa contorna que lles rodea e para ir adquirindo unha maior capacidade intelectual.



É importante traballar a motricidade fina a temperá idade para evitar problemas como a disgrafía, a cal dificulta que aprendan a escribir na idade prevista para a maioría dos nenos.


O desenvolvemento motor fino en nenos de 3 a 6 anos debe incluír: manexar ben a culler e o garfo ao comer, aprender a atarse os amallós dos zapatos e a abotoarse os botóns, comezar a utilizar tesoiras de punta roma, coller cousas coa xema dos dedos ou con dous dedos (a pinza), actividades de amasar, picar, pegar, resgar, etc.


Nesta ligazón tedes máis información:
 http://www.educapeques.com/escuela-de-padres/psicomotricidad-fina.html

Motricidade grosa

Que é a motricidade? Can importante é no desenvolvemento dos nenos e nenas?

A motricidade refírese a todos os movementos que de maneira coordinada e voluntaria realiza o neno con pequenos e grandes grupos de músculos. Estes movementos constitúen a base para adquirir o desenvolvemento das áreas cognitivas e da linguaxe.

Os nenos desenvolven dous tipos de motricidade á vez: a fina e a grosa.


A motricidade grosa involucra movementos amplos e polo tanto a grandes grupos de músculos. Garda relación coa coordinación xeral, o ton muscular, o equilibrio do corpo, a posición, axilidade, forza. etc.


A motricidade grosa é unha parte moi importante do desenvolvemento infantil, posto que para o futuro desenvolvemento da motricidade fina é necesaria unha boa base de motricidade grosa. Só un neno que desenvolve suficientemente a súa motricidade grosa será capaz de aprender sen problemas as habilidades propias da motricidade fina como escribir ou atarse os amallós dos zapatos.


O desenvolvemento motor groso en nenos de 3 a 6 anos debe incluír: maior habilidade para correr, brincar, facer os primeiros lanzamentos e patear, habilidade para atrapar unha pelota que rebota, para pedalear nun triciclo, para camiñar apoiando desde o talón ata as dedas, para brincar nun pé...



Nesta ligazón tedes máis información:
http://www.educapeques.com/escuela-de-padres/psicomotricidad-gruesa-tener-el-control-del-cuerpo.html

24 de marzo de 2017

Pam e Mina van de visita

Esta fin de semana Pam visitará a casa de Pablo e Mina estará na de Álex. 


 Seguro que o pasarán de marabilla!

22 de marzo de 2017

Hoxe no teatro... "Invención"

Este mércores, xunto cos nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de primaria, fomos ao teatro para ver a obra "Invención" da compañía Odaiko Percussión Group.


"Invención" é un espectáculo de percusión que descobre elementos físicos e sonoros pertencentes ao mobiliario escénico e percorre distintos momentos históricos, facendo un repaso ás grandes invencións da humanidade entre elas as directamente relacionadas coa música: a orixe da batería ou de outros instrumentos musicais que naceron fortuitamente gracias á experimentación do día a día.

Co seu grande inxenio e humor e o seu virtuosismo musical, Odaiko animan á interacción permanente co público e fixeronnos gozar moitísimo durante toda a actuación.


Aquí tedes un anaquiño, para que os fagades unha idea do ben que o pasamos.

Pequerrech@s da Carballeira: Invención from Educación Infantil on Vimeo.

E para rematar: Orbil!!! 
En canto saímos da sala, alí estaba para saudarnos, abrazarnos, acariñarnos...


Foi un día perfecto!

Tedes máis fotos premendo aquí.

21 de marzo de 2017

21 de marzo: Día da Poesía

O 21 de marzo é o Día Mundial da Poesía e o seu principal obxectivo é apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética


Para celebralo todo o alumnado do cole fixemos un fermoso mural co poema Balea, do libro de María Canosa e Dani Padrón "Acuario 2"  de Edicións Embora.
 Cada curso traballou una estrofa do poema xogando con diferentes técnicas, cores, tipos de letras...



Velaquí as aportacións d@s Pequerrech@s. 



Tedes máis información no blog da biblio:
http://dinamizacioncarballeira.blogspot.com.es/2017/03/dia-da-poesia.html

18 de marzo de 2017

16 de marzo de 2017

PDI Os lácteos: Leite para todos os gustos!

Seguimos investigando sobre os lácteos. 
Xa sabemos que o leite e un alimento fundamental na dieta dos máis pequenos pero tamén descubrimos que hai persoas, coma o noso compañeiro Anxo, ás que lle fai mal. Son alérxicos e deben tomar outras bebidas para substituílo. 

E como queriamos saber si esos "leites" saben igual ou parecido ao leite de vaca que tomamos a meirande parte de nós, fixemos una degustación. 
Trouxemos dunha banda leites de animais coma a de vaca ou cabra, e de outra, "leites" vexetais coma a de améndoas ou soia.


Con todo preparado examinamos a súa cor, o seu aroma, o seu sabor...



Segundo probabámolos ibamos sinalando se nos gustaban ou non.


Algúns estaban ben bos...


...pero outros non gustaron tanto.


Ao rematar só quedábanos comprobar o que tivo máis exito (co cal traballamos tamén un pouquiño as matemáticas)



E o gañador foi...



...o leite de cabra!!!

Si queredes ver máis fotos premede aquí.

15 de marzo de 2017

Visitamos o Salón do Libro!!!

Onte visitamos o Salón do Libro. 
Viaxamos no autobús cos nenos e nenas de 1º e 2º de primaria.

Xa na porta tivemos o mellor acollemento, o noso benquerido Orbil estaba a esperarnos para saudarnos.


Andrea Bayer contounos historias divertidísimas.


Logo Marga, a nosa monitora, levounos a coñecer todos os recunchos do Salón.


Tamén puidemos admirar a exposición dos extraordinarios traballos presentados polos coles.


E quedamos encantados cando descubrimos o noso entre todos eles.


Foi unha experiencia xenial!


Non deixedes de visitar o XVIII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra!!!

Tedes todas as fotos aquí.

13 de marzo de 2017

XVIII Salón do Libro: O mundo que queremos

Xa está aquí o XVIII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. 
"O mundo que queremos" é o lema desta edición  na que se tratan temas como o coidado do medio ambiente, a saúde, a integración e a igualdade,...
A participación do cole da Carballeira céntrase no coidado do medio ambiente


Os Pequerrech@s colaboramos coa visión da nosa Ría de Pontevedra, a ría que queremos.




Tod@s sabemos que o lixo debemos botalo nos lugares apropiados porque así evitamos a contaminación do medio ambiente, por exemplo neste vídeo a familia Trebón recórdanos a necesidade de ser coidadosos coa recollida de plásticos, evitando que queden espallados pola contorna xa que moitos animais acuáticos morren ao confundilos con alimentos.

                       
                         Un parrulo en apuros from Ronsel de Ideas on Vimeo.

Tod@s estamos desexando que chegue o martes para poder visitar o Salón e, por suposto, saudar a a Orbil, o noso lobiño máis querido.







Deica o martes Orbil!!!

Feliz aniversario Andrés!!!

Hoxe tivemos de aniversario a Andrés, que xa ten cinco anos, e quixo festexalo con todos nós repartindo unhas lambetadas deliciosas.


Parabéns Andrés!!!

12 de marzo de 2017

O sabor da aventura está no mar

Este venres os Pequerrech@s, xunto co aumnado de 1º e 2º de primaria, participamos un obradoiro organizado pola Consellería do Medio Rural e do Mar.



"O sabor da aventura está no mar" é unha campaña destinada a dar a coñecer os produtos do mar e os aspectos saudables do seu consumo.
Coas aventuras dos Arroaces, unha cuadrilla de sete nenos e nenas, imos descubrindo as múltiples vantaxes do consumo equilibrado dos produtos do mar.


Logo fomos de pesca coas nosas canas. E pescamos unha chea de peixes...e algunha que outra cousa máis.


Despois demostramos que estivemos ben atentos lembrando os superpoderes especiais que nos proporcionan os peixes e mariscos. 


Pero tamén pescamos cousas que contaminan os mares así que debemos evitar entre todos que ocorra esto. 


Tamén descubrimos moitísimas receitas coas que podemos degustar os pescados e mariscos. 
Ao final todos nos comprometemos a comer máis produtos frescos do mar e a difundir esta mensaxe. 


E como estivemos tan atentos e portámonos tan ben, agasalláronnos cunha gorra, un receitario para cociñar saborosos pratos de pescado e marisco, adhesivos e as aventuras dos Arroaces.



 Aquí tedes a toda a cuadrilla dos Arroaces.

Luis, o mariñeiro



 Xurelo

 Lirio

 Troita

 Rodaballo

 Sardiña

 Pescada

 Mexillón


Aquí tedes a ligazón da campaña con moitas cousas interesantes:
http://osabordaaventuraestanomar.xunta.es/gl


E as fotos aquí.