20 de decembro de 2018

Feliz aniversario Eder!!!

Na aula dos maiores houbo celebración, Eder xa ten cinco anos e quixo festexalo cos seus compañeiros.


Parabéns Eder!!!

É tempo de Nadal

Os Pequerrech@s xa temos todo preparado para recibir o Nadal. Mirade que bonito deixamos o cole.

  

E tamén esperamos sorprendervos coas nosas actuacións no festival de mañá.
Estades todos convidados. A partir das 11 e media comeza a festa!!!


Tedes toda a información no blogue da Biblio do Checho:
http://dinamizacioncarballeira.blogspot.com/2018/12/convite-ao-festival-de-nadal-2018.html 

15 de decembro de 2018

O ratiño Pérez volve connosco

O curso pasado coñecemos ao ratiño Pérez e iniciámonos con el no mundo da robótica. 
Agora que xa dominamos o seu funcionamento damos un paso máis. Xa somos capaces de construír os nosos propios circuítos. 



E reflexionando, anticipando, ensaiando e comprobando conseguimos programalo sen axuda para que atope o seu queixiño.

Pam e Mina van de visita

Esta fin de semana Pam e Mina visitarán as casas de Fabián e David.

De certo que o pasarán estupendamente.

Despedímonos de Alejandra

Este venres despedímonos da profe Alejandra que estivo estas semanas acompañándonos nas nosas aulas. Foi xenial traballar con ela e para agradecerlle todo o que fixo por nós fixémoslle uns debuxos preciosos.


Boa sorte Alejandra, botarémosche de menos!!!

13 de decembro de 2018

Certame de Postais de Nadal 2018

Hai uns días convidabamos as familias a participar no "Certame de Postais de Nadal" axudando aos nenos e nenas a elaborar unha tarxeta de felicitación. 


De entre as moitas presentadas acabamos de elixir a que será utilizada polo cole para felicitar a toda a comunidade educativa. 


E a gañadora foi a presentada por.... Alicia!!! 


Moitísimos parabéns Pequerrecha!!!!

6 de decembro de 2018

As nosas mascotas van de visita

Esta fin de semana Pam, Mina e Turi visitan as casas de Alejandro, Brais e Anxo. Como son moitos días seguro que terán tempo de facer moitísimas cousas xuntos.
ver que nos contan á volta!

Mochilas viaxeiras: Fernando, Manuela e Dante

Continua a andaina das mochilas viaxeiras. Esta vez son Fernando, Manuela e Dante quen as levaron para as súas casas. Esperamos que o pasedes moi ben con elas.



Se queredes ver os estupendos debuxos que nos están achegando os nosos Pequerrech@s só tedes que premer na imaxe.

https://photos.app.goo.gl/qNXavr5x5eLFxAff8




2 de decembro de 2018

As nosas mascotas van de visita

Pam, Mina e Turi están de visita nas casas de Joel, Iker e Iago.

Seguro que o estarán pasando de marabilla!

Feliz aniversario Dante!!!

Esta semana na aula dos maiores houbo celebración. Dante xa ten cinco anos  e quixo celebralo con todos os compañeiros.


Parabéns Dante!!!