24 de xuño de 2018

Ata sempre, profe Belén!!!

    Aquí deixámosvos o discurso de despedida da profe Belén, o noso GRAN MOSNTRO ROSA.
    Una vez, hace años, leyendo un libro me quede con una cita que me ha acompañado en mi labor educativa y que la acompaña día a día que es la siguiente:
    Educar no es una ciencia, es un arte. Educar es ayudar a desarrollar todos los potenciales de que dispone el ser humano, Conlleva formar e informar, transmitir conocimiento y promover actitudes. Sembrar en los niños el deseo de aprender…” pero sobre todo resalto que “A educar se aprende educando. Preocupándose por hacerlo bien. Siendo consciente de las propias limitaciones y transmitiendo a los niños y niñas la disponibilidad, el amor y la realidad de que se es humano y por tanto no perfecto, que también cometemos errores, en ocasiones somos débiles y precisamos de escucha y apoyo…” estas frases han marcado mi labor educativa y que he intentado transmitir a vuestros hijos e hijas…
     Solo he estado un curso en este colegio, con estos niños y niñas y con los compañeros y compañeras pero, será un curso que jamás olvidaré y espero que también sea un buen recuerdo para ellos y ellas…que sea el recuerdo de aquella profe de infantil que se enfadaba muchas veces, pero también lo pasábamos bien juntos, que nos transmitía cariño, que nos escuchaba…y que nos intentó enseñar a demostrar las emociones, a ser amigos, a aprender divirtiéndonos, a convivir, a tener ganas de aprender más y más…
    Os puedo asegurar que “ trabajo con la misma seriedad con la que juega un niño” y que todo lo que hago es con vocación y corazón y espero que eso se lo haya transmitido porque sería lo más gratificante para mi….Pero esto no es un adiós, esto es un hasta luego ya que para ellos esto no ha terminado…sino que “esto acaba de empezar” quedan años de estudio y de cole que espero que sean muy satisfactorios…y del que contaran con todo mi apoyo y ayuda cuando lo necesiten.
    MUCHAS GRACIAS a las familias y los compañeros y compañeras por vuestra colaboración, ayuda y apoyo, ya que es imprescindible para lograr un proceso de enseñanza-aprendizaje de calidad…gracias por colaborar en los proyectos, en las salidas, viniendo al cole a enseñarnos cosas, colaborando con cuentos, fotos, materiales, etc…
    Ahora solo me queda decirles algo a mi aula de Educación Infantil con nuestro idioma: espero que sigáis siendo felices monstruos amarillos, rosas y verdes…y que cuando el monstruo rojo aparezca sepáis controlarlo, cuando venga el azul podáis echarlo fuera, lejos, muy lejos…y cuando veáis al negro recordar que es normal tener miedo…todos tenemos miedo, solo hay que saber controlarlo… y sobre todo, que no se os olvide, que yo siempre seré para vosotros un GRAN MONSTRUO ROSA….

Como pasa o tempo!!!

Como pasa o tempo, verdade? 
Aqueles pequerrechiños que chegaron hai tres anos un pouco medorentos e moi ilusionados, convertéronse neste tempo nuns nenos grandes, felices de ser o curso que vén parte dos "maiores" do cole, dos de primaria.


De todos é sabido que a cooperación entre pais e profesores converteuse nun dos eixos que definen a calidade educativa na etapa da Educación Infantil e un dos seus retos máis importantes. As familias de Hugo, Andrés, Ellissa, Athenea, Álex e Isabel son bo exemplo desta implicación. Moitas grazas!!!

E rematamos con festa!!!!

Este xoves finalizou o curso e para celebralo fixemos unha gran festa.
Comezamos xogando...


...para logo pasar a merendar... 


...e rematamos con música e globos. 


 Logo, co resto do cole, reunímonos no ximnasio para a graduación dos alumnos e alumnas que rematan etapa educativa.


Primeiramente visionamos o vídeo do paso dos Pequerrech@s de cinco anos pola Educación Infantil e, deseguida, a profe Belén emocionounos cunhas palabras de despedida xa que o curso que ven marchará a outro cole.


Decontado Hugo, Andrés, Ellissa, Athenea, Álex e Isabel, ataviados de barretes e becas,  recibiron as súas orlas.


Despois visionamos un vídeo resumo do paso polo cole dos nenos e nenas que acaban a primaria, a entrega das respectivas orlas e outro vídeo das actividades realizadas ao longo de todo o curso.


Hugo, Andrés, Ellissa, Athenea, Álex e Isabel finalizan a Educación Infantil e o curso que ven xa non formarán parte dos Pequerrech@s da Carballeira. Moita sorte para eles na Educación Primaria!!! 
Tedes máis fotos premendo aquí.

Feliz verán a tod@s @s Pequerrech@s da Carballeira!!!

21 de xuño de 2018

Presentamos os nosos Robots Estupendos

Hoxe os Pequerrech@s de tres anos presentaron ante os seus compañeiros de catro e cinco anos os Robots Estupendos que, coa axuda das familias, fabricaron nas súas casas para o PDI "Meu amigo o robot" que estivemos a desenvolver ao longo deste curso.


Todos explicaron con moito detalle como deseñaron os seus robots, que materiais utilizaron e quen lles axudou a construírlos. Ao final os maiores tamén puideron probar o noso prototipo de Robot Estupendo. 


E como o fixeron tan ben, todos recibiron o Título de Axudante Responsable.



Agradecemos ás familias a súa colaboración nesta actividade coa que tratamos de fomentar a creatividade, o traballo en equipo, a reciclaxe e a reutilización.  

Tedes todas as fotos aquí.

Derradeiros aniversarios do curso

Hoxe, na aula dos pequenos, celebramos o aniversario  de Thiago que xa ten catro anos e quixo compartir con todos unhas lambetadas deliciosas.




E na aula dos maiores agasallaron a Breixo, Iago, Manuel e Pablo que  celebran os seus aniversarios no veran.


Parabéns a todos!!! 

16 de xuño de 2018

Xogar, un asunto moi serio


Os nenos necesitan xogar. Dos seus xogos xorden as aprendizaxes que lles permitirán desenvolver as súas capacidades físicas, emocionais, sociais e intelectuais. A través do xogo aprenden a controlar os seus corpos, a descubrir o mundo que os rodea, a establecer normas, a usar a linguaxe para denominar as cousas e expresar o que pensan e senten.
Na aula de 4 e 5 anos, estes últimos días do curso están a traer de casa os seus xoguetes favoritos para compartir cos compañeiros. 
 
 
Pablo trouxo un xogo do planeta Terra interesantísimo e veu ensinar como funciona á aula do seu irmán David. 
 
 
Este pequerrecho é un profe excelente!!!

12 de xuño de 2018

Mochilas Viaxeiras 2017-2018

Rematamos por este curso a andaina das Mochilas Viaxeiras pero non vos preocupedes, o curso que ven regresarán para que poidades desfrutar de grandes momentos de lectura compartida en familia. 
Velaquí están tódolos vosos traballos.

 

Parabéns!!!

Unha lección maxistral

A semana pasada os nenos e nenas de 1º de primaria presentáronnos unha maqueta na que estiveron a traballar estes días.


Nela representaron con moitísimo acerto a gran diversidade paisaxística existente na nosa contorna e os seres vivos que a habitan. E tamén nos falaron do coidado do medio ambiente e das enerxías renovables. 


Que ben o fixeron!!!

8 de xuño de 2018

O mundo está cheo de robots

A aula de tres anos está chea de robots!
Bailaríns, bombeiros, recogepelotas, transformers...son todos uns ROBOTS ESTUPENDOS!


Moitas grazas familias pola vosa colaboración!

7 de xuño de 2018

O conto, o noso mellor amigo

Os nenos e nenas de catro e cinco anos foron excelentes usuarios da Biblio do Checho durante todo o curso. Utilizaron o sistema de préstamo de libros con gran ilusión e interese e, como queda reflectido no mural do corredor de Infantil, os contos son os seus mellores amigos.

Por todo isto, na Biblio do Checho os teñen recoñecido como os Devoradores de Libros do mes de Maio.


 http://dinamizacioncarballeira.blogspot.com/2018/06/devoradora-do-mes-de-maio-aula-infantil.html

Parabéns a tod@s por ser uns extraordinarios lectores!

Un robot estupendo

Despois de duro traballo por parte dos investigadores, deseñadores, enxeñeiros e constructores da aula de tres anos, xa temos listo o noso robot estupendo.
Mirade que feitiño.

Proxectos e máis proxectos!

Estes días os nenos e nenas da aula de 4 e 5 anos están a traballar no proxecto "O espazo".
Coa magnífica colaboración das familias investigarán e aprenderán moitas cousas sobre o noso planeta e o Sistema Solar.Tedes toda a información aquí: https://aprofebelen.blogspot.com/2018/05/estudando-o-espacio.html


E os de tres anos, continuando co PDI "O meu amigo robot", tiveron a oportunidade de experimentar cun robot que trouxo a profe Belén. Moitas grazas!