22 de decembro de 2016

Bo Nadal!!!

Dende o blogue dos Pequerrech@s da Carballeira desexamos que neste Nadal vos aconteza todo o bo que poidades imaxinar. 


Vémonos á volta das vacacións!

Luces, camaras,.... acción!!!



Onte celebramos o Festival do Nadal.  As actuacións que con tanta ilusión reparamos estes días foron postas en escena cos conseguintes nervios d@s Pequerrech@s e a emoción das familias.
Os de tres anos bailaron ao son do "Muñeco de nieve"



E os maiores decantáronse polo Xabarín e a Xababanda con "Volver a casa por Nadal"


Neste vídeo podedes ver algúns momentos das estupendas actuacións.



E para rematar este día tan especial, tivemos a grandísima sorte de que, a pesar de que nestas datas os Reis Magos están moi atarefados, Melchor puido achegarse un momentiño ao cole  para saudar e facer un pequeno agasallo aos nenos e nenas que se portaron tan ben durante todo o ano.




Queredes ver máis fotos?  Premede aquí.


Moitas grazas á ANPA polas aportacións gráficas.

21 de decembro de 2016

Chegou o Nadal



O Nadal chegou ao cole A Carballeira.

Pasámonolo xenial engalanando as aulas e os corredores. 




As nosas tarxetas de felicitación coas que participamos no Concurso de Postais de Nadal están expostas na entrada do cole.


E temos todo super-mega-preparado para as nosas actuacións no  Festival de Nadal de mañá.



Esperámosvos a todos!!!

20 de decembro de 2016

Feliz aniversario Eder!!!

E aquí temos o derradeiro aniversario de este ano. Eder ten xa tres anos e e así de feliz o celebrou con todos os seus compañeiros.

 Parabéns Eder!!!

15 de decembro de 2016

Mochilas viaxeiras: Anxo

Segue a andaina das mochilas viaxeiras que remata por este trimestre na casa de Anxo. 

 
 Disfrutade da lectura en familia!!!

O Recuncho das Mochilas Viaxeiras

Aquí podedes ver o recanto que temos adicado no noso corredor aos estupendos debuxos que fixeron dos seus contos favoritos @s nos@s Pequerrech@s coas suas familias. Parabéns! 

 E xa sabedes que podedes utilizar calquera cousa que se vos ocorra: rotuladores, ceras, papeis de cores, témperas, lás... todo vale para expresar a arte que levades dentro.

Podedes ver todos os debuxos premendo aquí.

9 de decembro de 2016

Maxia!!!

Ás veces, unha actividade sinxela, cotiá, necesita un pequeno toque de maxia para convertela en extraordinaria.
Esto é o que fixemos estes días con algo tan doado coma dar cor a un debuxo. E mirade as facianas d@s nos@s Pequerrrech@s.


Para todo isto utilizamos Quiver, unha aplicación que traspasa a barreira entre o mundo virtual e real. Esta App combina unha actividade tan importante para o desenvolvemento dos pequenos como pintar con lapis e papel, coa tecnoloxía. 



Son láminas para colorear nas que os debuxos cobran vida na tablet grazas á realidade aumentada.


Neste vídeo podedes ver os resultados.

Pequerrech@s da Carballeira: Quiver from Educación Infantil on Vimeo.

Si queredes probar na casa, a aplicación chámase Quiver - 3D Coloring App e podedes atopala en forma gratuíta nas tendas de Apps.

3 de decembro de 2016

Dante, recitador.

Se hai uns días Mauro e Pablo daban os seus primeiros pasos como recitadores, hoxe é a quenda de Dante. Mirade que ben o fai.


                               
Pequerrech@s da Carballeira: Dante from Educación Infantil on Vimeo.

Pam visita a casa de Manuel

Esta fin de semana  Pam vai visitar a casa de Manuel. Coñecerá á súa familia e farán cantidade de cousas xuntos. De certo que o pasarán estupendamente.

 

2 de decembro de 2016

O outono chegou e moitas manualidades nos deixou!

Durante todos estes días puidemos contemplar as  manualidades de outono expostas nos corredores do cole. Hoxe chegou o día en que os participantes  recibisen un recoñecemento polo seu labor. Despois do recreo reunímonos todos para outorgar a estes pequenos grandes artistas un diploma pola súa participación.

Neste vídeo tedes as excelentes creacións d@s nos@s Pequerrech@s.
  


Parabéns a tod@s el@s e as súas familias polo seu traballo e esforzo.