14 de marzo de 2018

10 de marzo de 2018

Semana da Prensa

Esta semana, nos centros educativos celebramos a Semana da Prensa. No cole da Carballeira estivemos a traballar a importancia da prensa convertindo os xornais nun elemento pedagóxico máis.


Tedes toda a información no blogue da Biblio do Checho
http://dinamizacioncarballeira.blogspot.com.es/2018/03/semana-da-prensa.html#more

Seguimos xogando co ratiño Pérez

Os Pequerrech@s de tres anos están encantados co ratiño Pérez.

Despois dalgúns ensaios agora xa son quen de programalo para que atope o camiño ata o seu queixiño. Mirade que ben o fan.

Proxecto "As Profesións": Carpinteiro

Esta semana tivemos a visita de Alfonso, que veu explicarnos en que consiste a súa profesión: carpinteiro. Con el trouxo unha morea de ferramentas e varios tipos de madeiras coas que mostrou a súa habilidade facendo unha caixiña nun momento.


Moitas grazas Alfonso!!! 

Tedes toda a información no blogue da profe Belén
https://aprofebelen.blogspot.com.es/2018/03/visita-do-carpinteiro-alfonso.html 

8 de marzo de 2018

8 de marzo: Día da Muller

Este xoves celebramos o Día Internacional da Muller, para conmemorar a súa loita a prol da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento nunha sociedade na que debe ter o mesmo valor que o home.
 @s Pequerrech@s traballamos a igualdade todos os día do curso e festexamos esta data realizando diversas actividades, entre elas este mural no que nos apropiamos do lema do Salon do Libro de este ano,  as Mulleres de Conto.


Desafortunadamente moitos contos, películas ou debuxos animados seguen perpetuando os tradicionais roles de xénero aínda que isto está a cambiar e aquí tedes algunhas mostras



Xa está connosco Ellissa

Na aula de 4-5 anos temos unha nova pequerrecha.


Benvida Ellissa!

6 de marzo de 2018

Mochilas viaxeiras: Athenea, Ian e Thiago.

As mochilas viaxeiras estarán estes días nas casas de Athenea, de Ian e de Thiago. Esperamos que pasedes moi bos momentos con elas.


Proxecto "Medios de comunicación e de transporte"

Estes días os Pequerrech@s de 4 e 5 anos están mergullados nun novo proxecto, esta vez sobre os "Medios de comunicación e de transporte"
Como sempre tedes toda a información no blogue da profe Belén
 https://aprofebelen.blogspot.com.es/2018/02/medios-de-comunicacion-e-de-transporte.html

Pam vai de visita

Esta fin de semana Pam estivo na casa de Iker.  


Pam xa coñece a todas as familias dos nosos Pequerrech@s de tres anos e pasouno tan ben con ellas que está a desexar repetir a experiencia. A quen lle tocará esta vez?