27 de xaneiro de 2017

Pam e Turi van de visita

Esta fin de semana Pam coñecerá á familia de Mauro.
E Turi pasouno tan ben na casa de Joel que regresará outra vez.



Mochilas viaxeiras: Adrián e Andrés.

Hoxe, a Adrián e Andrés  tocoulles a quenda de levar ás súas casas as mochilas viaxeiras.

  
Esperamos que as disfrutedes xunto ás vosas familias.

Preparando o Día da Paz

Hoxe as nenas e nenos de 4º de primaria viñeron botarnos unha man coa canción e o baile que estamos a preparar para o Día da Paz.




Foi divertidísimo. Moitas grazas compañeir@s! 

E mirade que chulo esta a quedar o noso corredor.

 

26 de xaneiro de 2017

Xoguetoloxía

Hoxe os Pequerrech@s de 5 anos tiveron a oportunidade de participar, xunto cos compañeiros de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria, nun entretido "Obradoiro de xoguetoloxía" promovido polo Concello de Pontevedra.
E en que consiste a xoguetoloxía? Pois na creación de xogos e xoguetes con materiais de refugallo.


Neste obradoiro tiveron a oportunidade de crear unha tartaruga corredora simplemente cun pouco de cartolina, unhas ceras, rotuladores, plastilina, unha casca de noz, pegamento, un cordel e un pauciño.  



Mirade que divertido.

Pequerrech@s da Carballeira: Xoguetoloxía from Educación Infantil on Vimeo.

Podedes ver máis fotos premendo aquí.

23 de xaneiro de 2017

O luns, iogur!

É importante que os nenos aprendan a alimentarse correctamente desde idades temperás e o cole é un lugar primordial para adquirir hábitos saudables.
Debido á gran acollida do mércores "día da froita", escollemos o luns para fomentar outro alimento básico, o iogur.


O iogur, ademais de ser un alimento moi rico en calcio e fósforo, posúe innumerables beneficios para a saúde.

Neste vídeo Telmo e Tula explican de maneira divertida a fermentacion do iogur.



Así que xa sabedes, de agora en diante o luns, iogur!

20 de xaneiro de 2017

Pam e Mina van de visita

Esta fin de semana Pam e Mina visitarán as casas de Breixo e Isabel, coñecerán ás súas familias e o pasarán xenial. Sen dúbida!


18 de xaneiro de 2017

Xa somos tod@s usuarios da biblio!!!

Hoxe os nenos de tres anos estrearon o servizo de préstamo de libros co que todos os Pequerrech@s son xa usuarios da Biblio do Checho de pleno dereito. 

Estaban todos entusiasmados cos seus carnés de usuarios e felices de poder levar os libros para ler en casa como "os maiores". 


Portáronse de marabilla, agardando a súa quenda tranquilamente.


E lembrade:
- Podedes levar un libro cada mércores.
- Debedes devolvelo antes do seguinte mércores para poder levar outro.
- Tedes que coidalo moito, moito para que non se estrague e outros nenos poidan seguir gozando del.


17 de xaneiro de 2017

Froitas frescas na escola

Como o curso pasado, este tamén participamos no programa "Aliméntate ben" das Consellerías de Medio Rural e do Mar.
Grazas a axuda recibida do Fondo Galego de Garantía Agraria, toda esta semana no recreo poderemos degustar unha peza de froita diferente cada día: mandarinas, mazás, peras...


Esto repetirase durante tres semanas máis ao longo do curso.

E aquí temos un par de cancións para bailar un pouco mentras saboreamos estas deliciosas froitas.



                                         

15 de xaneiro de 2017

Pam e Turi van de visita

Esta fin de semana Pam está de visita na casa de Xabi e Turi na de Xian.

Estamos impacientes por que nos conten as súas aventuras xuntos.

 

Mochilas viaxeiras: Iago e Bea

Comezamos novo ano coas mochilas viaxeiras visitando os fogares de Iago e de Bea.



 Esperamos que pasedes moi bos momentos con elas.

11 de xaneiro de 2017

Animación á lectura con Raquel Queizás


Non podiamos ter mellor volta das vacacións que recibir a visita de Raquel Queizás. 
Por cortesía da editorial SM, tróuxonos dúas historias marabillosas de Begoña Ibarrola da súa colección Contos para Sentir - Emocións 







"Yo soy el mayor" - Celos
Un sapiño vive preto dunha charca. É o maior dos irmáns, así que os seus pais fanlle menos caso porque é grande e forte e pode valerse por si.




"La jirafa Timotea" - O desprezo
A xirafa Timotea tiña poucos amigos na sabana porque miraba a todos por enriba do ombreiro, burlábase deles e facíalles sentir mal.



Raquel fíxonos rir, bailar, gozar como só ela sabe facer. 







E como nas súas visitas anteriores, quedamos con ganas de moito máis. Volve pronto Raquel!!!
Tedes máis fotos premendo aquí.