28 de setembro de 2017

Xa está connosco Uxío

Na aula de 4-5 anos temos un novo pequerrecho. Uxío comezou hoxe o seu período de adaptación que coa axuda da profe Belén e os seus compañeiros e compañeiras esperamos sexa o máis doada posible. Porque todos somos diferentes, todos somos iguais, todos somos importantes.

 "A viaxe de María" e un curto realizado por Miguel Gallardo, pai dunha filla con autismo.



 E botádelle unha ollada tamén ao blogue da profe Belén
https://aprofebelen.blogspot.com.es/

27 de setembro de 2017

Proxecto "O noso corpo"

Esta semana os Pequerrech@s de 4 e 5 anos están a traballar no proxecto "O noso corpo". 
Os nenos exprésanse e senten a través do seu corpo e é importante que o coñezan, exploren e o vivencien, por iso, durante estes días investigarán e aprenderán moitas cousas non só das partes externa e visibles senón tamén as que non ven. Hoxe comezaron facendo un mural do corpo por fóra...


Tedes toda a información premendo aquí 
https://aprofebelen.blogspot.com.es/2017/09/proxecto-o-noso-corpo.html 

21 de setembro de 2017

Ollo co piollo!

Aínda non rematamos o mes de setembro e xa están aquí estes visitantes indesexables. Ben sabemos que non é culpa de ninguén nin por falta de hixiene, así a todo revisade as cabezas e tomade as medidas hixiénicas necesarias para erradicalos e non contaxiar. Lembrade que é necesario desinfectar tamén gorros, peites, gomas do pelo, toallas, etc.

Neste vídeo a farmacéutica Cristina Abascal explícanos algunhas curiosidades sobre estes parasitos.


E esta páxina pódevos dar información moi interesante sobre o tema
 http://www.infopiojos.com/

20 de setembro de 2017

O luns, iogur, e o mércores, froita!!!

No cole seguimos fomentando a alimentación sa polo que, como en cursos anteriores, recomendamos dous alimentos moi saudables para a hora da merenda.

O luns, o día do iogur, seguimos fomentando o seu consumo ou de calquera outro produto lácteo.


 O mércores, o día da froita, poderemos degustar algunha peza de froita fresca.


 E xa sabedes, si queredes estar fortes e ter moita enerxía, lácteos e froitas cada día.





18 de setembro de 2017

16 de setembro de 2017

Adaptación escolar, a toda marcha!

Xa pasou a primeira semana de curso e os Pequerrech@s de tres anos estanse a adaptar ao cole rápidamente.

Xogamos moito...

 E tamén cantamos, bailamos, contamos contos...

Traballamos e despois gardamos cada cousiña no seu lugar...


 Pero, sobre todo, facemos amig@s



Aquí vos deixamos tamén dous videos de Miriam Tirado nos que nos comenta dunha maneira sinxela e divertida como podemos facer  para axudar aos nenos e nenas na adapatación á escola.

 



Feliz aniversario Athenea e Isabel!!!

Este venres celebramos os primeiros aniversarios do curso. Athenea e Isabel cumpriron cinco anos.
Parabéns Athenea!!!
Parabéns Isabel!!!


Se queredes ver o ben que o pasaron premede aquí:
https://aprofebelen.blogspot.com.es/2017/09/celebramos-el-cumple-de-athenea-e-isabel.html 

13 de setembro de 2017

Comezamos con forza!!!

Mentres os novos pequerrechos comezan a adaptarse ao cole, ás rutinas, os espazos, os compañeiros.... os veteranos  están encantados de volver e na clase da profe Belén pásano xenial. 


Podedes comprobalo premendo nesta ligazón
https://aprofebelen.blogspot.com.es/2017/09/primera-semana-de-cole.html 

Volvemos ao cole!!!

Comezamos novo curso con moitísimas ganas de traballar, aprender e desfrutar. Novos compañeiros e compañeiras, nova profe, novas cousas por descubrir e experimentar...


Benvidos de novo, Pequerrech@s da Carballeira!!!