31 de outubro de 2017

Corre, corre cabaciña...

Aquí tedes a nosa magnífica exposición de cabaciñas, cabazas  e calacús. Os nosos pequenos artistas saben mellor que ninguén como converter unhas sinxelas cabazas en verdadeiras obras de arte.



E premendo aquí podedes ver todas as fotos.

28 de outubro de 2017

Pam vai de visita

Esta fin de semana Pam está de visita na casa de Jose, farán un montón de cousas xuntos e o pasarán xenial. Seguro!!!


Preparando o Samaín

Estes días, no cole estamos argallando unha morea de cousas para festexar o Samaín.
Buscando contos de medo na Biblio do Checho, aprendendo cancións, decorando os corredores e as aulas... 



Este luns agardamos facer unha magnífica exposición coas cabazas que traiades decoradas de casa da maneira máis terrorífica e arrepiante posible.

E mentres chega a Noite dos Calacús aquí vos deixámos  a Uxía Lambona e a Banda Molona co seu "Samaín"



25 de outubro de 2017

Proxecto "O meu nome"

O nome é o noso principal aceno de identidade.
Estes días, os Pequerrech@s de tres anos mergullámonos  no proxecto "O meu nome". Coa axuda das familias comezamos as investigacións en casa: quen nolo puxo ? por que o elixiu? que significa o noso nome?   


Con este proxecto iniciamos aos nenos á lecto-escritura partindo de algo tan significativo para eles como é o seu propio nome. Sen perder de vista a gran diversidade e niveis tan distintos que hai durante este primeiro curso de escolarización dos nenos e nenas de tres anos, eles conseguirán recoñecer o seu nome e as letras que o forman, serán capaces de escribilo sen necesidade de copialo da mostra e chegarán a coñecer os nomes doutros compañeiros da súa clase.

Proxecto "O noso corpo"

Na aula de 4 e 5 anos continúan co proxecto “O noso corpo”, investigando, aprendendo, xogando… Coas inestimables aportacións das familias, estes Pequerrech@s están coñecendo como somos por dentro e por fora da maneira máis divertida.


Máis información no blogue da Profe Belén.



24 de outubro, Día da Biblioteca

Hoxe reunímonos todo o cole na Biblio do Checho para celebrar o Día das Bibliotecas baixo o lema "Aprender a pensar coa biblioteca escolar"


Alí presentamos as nosas bibliotecas de aula


O novo proxecto documental integrado que desenvolveremos este curso "O meu amigo o robot" 


E entregáronnos as mochilas viaxeiras que con tantas ganas estabamos a esperar.



Os primeiros dos Pequerrech@s que poderán entreterse con elas son David, Manuel e Andrés. Agardamos que desfrutedes desta oportunidade de compartir en familia o pracer pola lectura. Non esquezades de botarlle un ollo ao tríptico que as acompaña e de coidar moito o material que conteñen. 
Desfrutade con elas!!!

Tedes as fotos aquí.

23 de outubro de 2017

Máis árbores de outono!

Estes días entre todos os nenos e nenas do cole estamos a facer no corredor principal un precioso mural de outono. Os Pequerrech@s colaboramos enchendo de follas estas fermosas árbores. Os maiores de catro e cinco anos xa teñen un bo nivel de control da motricidad fina e picaron o contorno das follas. Os de tres anos ainda teñen que practicar un pouquiño para podelo facer así que simplemente as colorearon.



Mirade que lindas están a quedar!

20 de outubro de 2017

Pam vai de visita

Pam volve visitar as casas dos nosos Pequerrech@s. Esta fin de semana comezará coñecendo á familia de David.
Seguro que o pasarán de marabilla!!!



17 de outubro de 2017

Outono bonito, folliñas no chan...

...E tamén no corredor dos Pequerrech@s. Mirade que chulo quedou o noso mural coas follas decoradas que recollemos o outro día no patio do colexio.

 

Feliz aniversario Anxo!!!

Hoxe celebramos o aniversario de Anxo, que xa ten catro anos. 



Parabéns Anxo!!!

10 de outubro de 2017

Xogamos coas TICs: O Lobo Matías

Esta semana na aula de 3 anos empezamos a utilizar o taboleiro dixital para xogar coas actividades interactivas  do Lobo Matías.


Podedes ver as fotos aquí.

O lobo Matías axuda a desenvolver habilidades lóxico matemáticas e tamén  a  percepción  espacial,  a  memoria  visual e  a  coordinación óculomanual.

Premede na imaxe e poderedes acceder as súas actividades.

http://balara.es/contenido/menuprincipal.html

Comezamos o préstamo de libros da Biblio do Checho

Os Pequerrech@s de 4 e 5 anos xa comezaron a empregar o servizo de préstamo de libros da Biblio do Checho.




No blogue da biblio podedes comprobalo:
http://dinamizacioncarballeira.blogspot.com.es/2017/10/prestamo-de-contos-infantil.html

6 de outubro de 2017

Feliz aniversario Pablo!!!

Hoxe tivemos de aniversario a Pablo, que cumple xa catro anos e quixo celebralo cos seus compañeiros  agasallándoos cunhas lambetadas deliciosas.



Parabéns Pablo!!!

4 de outubro de 2017

Chegou o outono!

Coa chegada do Outono empezamos a observar os cambios que se producen na nosa contorna: as árbores do noso patio están mudando as súas cores e xa caeron moitas follas.



Onte, os Pequerrech@s saímos ao patio a recollelas. 


Encantounos o triscar das follas secas, enredar e experimentar con elas.


 Pasámolo xenial!!!

Podedes ver as fotos premendo na imaxe.

https://photos.app.goo.gl/TxUGcXDIPpgm44x92

1 de outubro de 2017

Coñecemos a Biblio do Checho

Este venres os Pequerrech@s de tres anos fomos a coñecer un novo espazo do colexio, a Biblioteca, onde nos esperaba Checho, a mascota.


Descubrimos que é un lugar onde hai moitíiiiiisimos libros e aprendimos as súas normas: falar baixiño, non facer barullo, tratar con coidado os libros...
Despois lemos unha morea de contos...


...e despedímonos prometendo volver a semana que vén.

 

Exploramos o colexio

Os Pequerrech@s de tres anos non só estanse adaptando ás rutinas, compañeiros e mestres senón tamén aos espazos onde desenvolverán diferentes actividades.

Xa coñecemos a nosa aula e os sevicios...



O patio... 

O ximnasio...


E a biblioteca, mais iso merece  outra entrada, non si?

Proxecto Documental Integrado: "Meu amigo o robot"

Este curso mergullarémonos no mundo da robótica da man do noso pdi "O meu amigo o robot" pero os Pequerrech@s de 4 e 5 anos xa empezaron a dar os seus primeiros pasiños con Bee Bot, un simpático robot-abella.



Podédelo comprobar nesta ligazón
 https://aprofebelen.blogspot.com.es/2017/09/descubrimos-robotica.html