No Diario de Pontevedra esta fin de semana, os Pequerrech@s da Carballeira fomos protagonistas do MiniDiario coa nosa visita ao Pazo de Lourizán.
Que content@s estamos!!!
26 de novembro de 2018
Bambáns para tod@s!!!
Despois de case un ano, os Pequerrech@s temos o noso recuncho do patio arranxado.
Por fin podemos desfrutar dos bambáns que tanto nos gustan!
Por fin podemos desfrutar dos bambáns que tanto nos gustan!
23 de novembro de 2018
Mochilas viaxeiras: Manuel, Thiago e Pablo
Mirade que felices están Manuel, Thiago e Pablo porque estes días van ter nas súas casas as mochilas viaxeiras.
E aquí tedes o noso Recuncho das Mochilas Viaxeiras.
Pouco a pouco vaise enchendo cos traballos que os Pequerrech@s fan dos seus contos favoritos. Artistas!!!
E aquí tedes o noso Recuncho das Mochilas Viaxeiras.
Pouco a pouco vaise enchendo cos traballos que os Pequerrech@s fan dos seus contos favoritos. Artistas!!!
As nosas mascotas van de visita
Esta fin de semana Sergio, Lucía e Manuel convidaron a Pam, Mina e Turi a súas casas e o pasarán estupendamente. Sen dúbida!!!
Froitas de outono...que ricas!!!
Este venres, e para rematar o proxecto sobre O Outono, participamos nunha degustación de froitas de tempada: mazás, peras, caquis, kiwis, abelás, noces, améndoas, cacahuetes, laranxas, uvas... tiñamos de todo!
Mirar, ulir, tocar...
...e saborear. Que rico!!!
Tedes as fotos aquí.
Mirar, ulir, tocar...
...e saborear. Que rico!!!
Tedes as fotos aquí.
Feliz aniversario Brais e Alejandro!!!
Esta semana na aula dos pequenos houbo celebración. Brais e Alejandro xa teñen tres anos e quixeron celebralo con todos os compañeiros.
Brais trouxo un biscoito riquísimo que fixo co seu papá e Alejandro repartiu unhas lambetadas deliciosas.
Parabéns Brais!!!
Parabéns Alejandro!!!
Brais trouxo un biscoito riquísimo que fixo co seu papá e Alejandro repartiu unhas lambetadas deliciosas.
Parabéns Brais!!!
Parabéns Alejandro!!!
16 de novembro de 2018
As nosas mascotas van de visita
Esta fin de semana Pam, Mina e Turi están de visita nas casas de Brais, Evelio e Dante e o pasarán marabillosamente. Seguro!!!
Visitamos a Granxa de Montero Ríos
Esta semana os Pequerrech@s da Carballeira fomos visitar o Pazo de Lourizán, ou o que é o mesmo, a Granxa de Montero Ríos.
Da man do noso monitor atopamos un paraíso forestal cheo de historia no que puidemos apreciar o marabilloso colorido das follas no outono.
Varias destas árbores aparecen no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza.
Familias non perdades a oportunidade de gozar cos vosos Pequerrech@s deste lugar máxico, está moi pretiño de nós e pódese visitar de balde.
Tedes todas as fotos premendo aquí.

15 de novembro de 2018
É tempo de Magosto
Este martes, no cole, celebramos o Magosto.
Nas primeiras horas xa tiñamos todo preparado.
Logo, a papar as castañas asadas e os bocatas de chourizo. Deliciosos!!!
E rematamos con xogos populares.
Que ben o pasamos!!!
Tedes todas as fotos premendo aquí.
Nas primeiras horas xa tiñamos todo preparado.
Logo, a papar as castañas asadas e os bocatas de chourizo. Deliciosos!!!
E rematamos con xogos populares.
Que ben o pasamos!!!
Tedes todas as fotos premendo aquí.
12 de novembro de 2018
Monicreques
Hoxe Thiago veu ao cole en compañía duns simpáticos monicreques. Con eles pasamos un intre super divertido.
Moitas grazas Thiago por compartilos connosco!
Moitas grazas Thiago por compartilos connosco!
9 de novembro de 2018
Mochilas viaxeiras: Iago e David
Hora de ler para Iago e David. As mochilas viaxeiras estarán estes días nas súas casas para compartir en familia bos momentos de lectura.
As nosas mascotas van de visita
Esta
fin de semana as nosas mascotas Turi, Mina e Pam están de visita nas
casas de Eder, Jose e Clara, coñecerán ás súas familias e o pasarán xenial. Sen dúbida!
7 de novembro de 2018
IV Certame de Contos de Medo
Xa tedes no blogue da Biblio do Checho a recompilación dos traballos que fixeron os nosos Pequerrech@s co gaio do "IV Certame de Contos de Medo"
http://dinamizacioncarballeira.blogspot.com/2018/11/aprestados-para-tremer.html
6 de novembro de 2018
Manualidades de outono
Xa temos aquí as vosas primeiras manualidades de outono. Castañas, piñas, follas, landras, noces...todo vale para facer auténticas obras de arte.
2 de novembro de 2018
Cabazas robóticas polo Samaín!
Aquí tedes a impresionante colección de cabazas que os Pequerrech@s adobiaron para a exposición do corredor de Infantil.
As máis feitiñas e xeitosas do mundo mundial!
Moitas grazas familias!!!
Tedes todas as fotos premendo aquí.
As máis feitiñas e xeitosas do mundo mundial!
Moitas grazas familias!!!
Tedes todas as fotos premendo aquí.
Samaín por fin!!!
Que ben o pasamos na festa do Samaín!
Días atrás estivemos ambientando o cole.
E o mércores, todos enfeitados para a ocasión!
Á hora da merenda preparamos unhas viandas arrepiantes: apócema máxica de zume de laranxa, terroríficos vampiros de madalena e aterrecedoras arañas de galleta e regalicia.
Estaba todo delicioso!
E, para rematar esta fantástica xornada, a cantar e bailar!!!
Tedes todas as fotos premendo aquí

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)