O Nadal peta a porta e os Pequerrech@s
estivemos durante días preparándonos para a ocasión, decorando as portas
das aulas, engalanando o corredor, ensaiando as actuacións para o
Festival, confeccionando tarxetas de felicitación,...
E o día do Festival, tod@s preparad@s para actuar.
Coma sempre, tivemos unhas actuacións espectaculares ante un público entregado.
E, para rematar, tivemos a sorte de que o rei Melchor puido facer un oco na súa axenda e visitarnos para darnos un pequeno agasallo por portarnos tan ben durante todo o ano.
O pasado 10 de decembro, desfrutamos dunha magnífica sesión de música tradicional galega a cargo do grupo Agrúo.
Mostráronnos que podemos facer música non só cos instrumentos tradicionais (gaita, pandeiro, tambor...) senón con case calquera cousa que teñamos a man: tixolas, morteiros, cabazas, sachos... ata unha mesa!
Que ben o pasar os Pequerrech@s de tres anos co seu proxecto "Colorín, colorado". Estes días están con Rapunzel e Mamá cabra e os sete cabritiños. E cado toca teatro, non hai mellores actores, non sí?
As alumnas e alumnos de quinto de Educación Infantil rematamos, por fin, o percorrido pola cultura chinesa. Aprendemos unha morea de cousas pero as nosas experiencias favoritas foron as que teñen que ver cos sentidos...
Fixemos farolillos chinos, degustamos unha taza de té chinés e, finalmente, puxémonos as botas cunha cunca de fideos chinos...
Lembrámosvos que xa está convocado o Certame de Postais de Nadal 2019. Entre todas as creacións presentadas elixiremos a postal máis orixinal para felicitar o Nadal a toda a Comunidade Educativa. Animádevos a participar!
Esta semana foron David, Jose, Evelio e Thiago os que nos presentaron as súas estupendas receitas de cociña.
David mostrounos un prato de pasta con carne e tomate natural, Evelio unha pizza de salmón afumado, Jose un arroz tres delicias e Thiago un biscoito que trouxo para compartir con todos os Pequerrech@s.
Con esta actividade tratamos de axudar aos nenos a identificar os
pasos que se deben seguir para alcanzar un obxectivo. Comprender unha
secuencia é un aspecto fundamental para o desenvolvemento do razoamento e
da capacidade de resolución de problemas.
Hoxe foron Manuela e Louay os que nos presentaron as súas receitas de cociña.
Manuela explicounos a maneira de facer unha estupenda tortilla de patacas e Louay mostrounos como se fan uns fideos con carne que tiñan un aspecto delicioso. Con todas estas aportacións estamos a crear un magnífico receitario de cociña!
Hoxe Lucas, o compañeiro de 6º de Infantil trouxo a clase un curioso
libro sobre os nenos do mundo, "Niños como yo".
Como consideramos que sería interesantísimo
para os compañeiros e compañeiras de 5º de infantil, foi á súa clase
para mostralo e compartir con eles cousas moi curiosas e interesantes
sobre nenos e nenas doutras culturas.
Outros dous compañeiros que se animaron cos fogóns son Lucía e David. Lucía presentounos unha receita de croquetas que tiñan unha pinta
deliciosa e David fixo o mesmo cun biscoito no que o seu irmán Pablo tamén botou unha man.
Que trema Masterchef cos cociñeiros e cociñeiras que están a xurdir na aula de cinco anos!!!
Na aula de tres anos estamos a traballar no proxecto "Colorín, colorado". A semana pasada fomos co robot-mouse ata Dinamarca para buscar á Sirenita. Hoxe en robótica coñecemos un novo robot, blue_ boot e fómonos a Alemaña para situar a escultura dos Músicos de Bremen.
Na aula de 6º de Infantil comezamos o proxecto "Ciencia en la cocina" no que, a través da
experimentación e a transformación dos alimentos, traballamos arredor da
importancia de ter unha alimentación saudable. Estes días animamos aos nenos e nenas a que preparen na casa unha receita coa axuda das familias e o primeiro en amosárnola foi Lucas: unhas deliciosas galletas.
Lucas investigou que ingredientes e utensilios necesitou para facerlas, indicounos como foi paso a paso todo o proceso de elaboración e, por último, invitounos a degustalas. Estaban boísimas!!!
Que ben o pasan as nosas mascotas cando van de visita. Estes días Curtis, Candi e Cora estiveron con Alexander, Óscar, Lucas, Noa, Iker e Candela, fixeron un montón de cousas xuntos e divertíronse mogollón.
Esta semana, en 5º de Infantil houbo festa. Brais xa ten catro anos e para celebrar o seu aniversario trouxo una torta
riquísima coa que convidou a todos os seus compañeiros e compañeiras.
O alumnado de quinto de educación infantil están a aprender estes días unha morea de cousas sobre a cultura Masai. Os colares, as vivendas, as roupas, os costumes, etc. Están absolutamente entusiasmados co tema!!!! Pero non contaban cunha sorpresa maiúscula: poder tocar e ainda probar obxectos propios desta cultura que a profe Maricarmen compartiu con nós e co resto do alumnado de infantil!!! A ocasión ben o merecía. Aí tedes as fotos que amosan, todo o que nos ensinou: colar e pulseira, machete, almofada, lanza, cabaza, etc.
Velaquí aos Pequerrech@s de tres anos mergullándose no mundo da robótica.
Estes días están a ter a oportunidade de experimentar co robot-mouse e descubrir o seu funcionamento, espertando así a súa curiosidade polo mundo da robótica. Mirade que ben o fan.
Todo esto o enmarcamos no proxecto "Colorín, colorado" no que os nenos e nenas achegaranse ao mundo dos contos
conectando así a realidade da súa contorna co pensamento máxico tan
característico da súa idade.
Aquí podedes ver os traballos da exposición de Manualidades de
Outono que temos no corredor de Infantil: piñas, follas de todas as cores, castañas, landras.... Menudos artistas!!!
O traballo por proxectos
implica unha metodoloxía activa e participativa, na que a aprendizaxe se
constrúe entre todos, facendo, así, aos alumnos protagonistas do seu propio proceso de aprendizaxe e potenciando a súa curiosidade e ganas de aprender.
Na aula de tres anos traballamos o proxecto "Érase unha vez...o meu colexio" e o rematamos cun castelo-orla xenial que luce agora no noso corredor.
Na aula de catro anos o noso proxecto foi "Un mundo de casas". Na exposición do corredor podedes ver as magníficas maquetas de diferentes vivendas que hai polo mundo realizadas coa inestimable colaboración das familias.
Na aula de cinco anos ocupámonos do proxecto "Descubrimos a rúa" e o noso traballo final foi un plano da cidade dos zanquilargos que, por suposto, colocamos no corredor tamén.
Candela, a nosa Pequerrecha de tres anos, realizou unha doazón á Biblio do Checho. O conto "O noso Samaín" xa está a disposición de quen quera disfrutar del.
Esta
fin de semana as nosas mascotas Curtis, Candi e Cora están de visita nas
casas de Kiara, Manuel e Manuela, coñecerán ás súas familias e o pasarán xenial. Sen dúbida!