28 de febreiro de 2019

Día Mundial das enfermidades raras

O último día do mes de febreiro celébrase o Día Mundial das Enfermidades Raras. O obxectivo deste día é crear conciencia sobre elas e mellorar o acceso ao tratamento e á representación médica das persoas con algunha enfermidade rara e os seus familiares.

Os Pequerrech@s temos entre nós un compañeiro cunha destas raras enfermidades: a enfermidade de Perthes. 
Na contorna educativa podemos utilizar esta condición para traballar diferentes conceptos como poden ser a solidariedade, o compañeirismo, as enfermidades raras, a discapacidade, as limitacións, a diversidade... porque ante unha dificultade ou unha limitación sempre podemos atopar unha alternativa e sacar algo positivo.



O noso cole no Diario de Pontevedra

Orgullo de cole!!!


Manuel, Xabi, Teo, Eder, Claudia... que guap@s!!!


26 de febreiro de 2019

Cores Máxicas!!!

Aos Pequerrech@s de tres anos encántanlles os experimentos. Esta semana realizaron un que lles permitiu descubrir toda a maxia da auga ao mesturala con papel pinocho de diferentes cores.


25 de febreiro de 2019

O Entroido xa chegou

Comezamos a semana máis divertida do curso. 
Seguindo as ordes de Mariano, o noso esqueleto favorito, este luns todos viñemos cun atavío na cabeza. Mirade que guapos!! 

E lembrade que mañá toca engalanar o pescozo.

23 de febreiro de 2019

As nosas mascotas van de visita

Estas últimas fins de semana de febreiro Alicia, Iker, Naida e Manuela convidaron as súas casas ás nosas mascotas.



Pam e Mina están a pasalo xenial con todas as familias. Onde irán a próxima vez?

Comezamos o préstamo de libros da Biblio do Checho

Os Pequerrech@s de 4 e 5 anos son uns entusiastas da Biblio do Checho. 
Este venres os maiores foron á biblioteca e volveron utilizar o servizo de préstamo de libros que con tanta ilusión esperaban para levar a casa un libro, poder lelo en familia e logo facer un precioso debuxo da parte que máis lles gustou.  


E os Pequerrech@s de catro anos estrearon este curso ese servizo e son xa usuarios da Biblio do Checho de pleno dereito. Estaban todos entusiasmados cos seus carnés e felices de poder levar os libros para ler en casa como "os maiores". 

 
E lembrade:
- Podedes levar un libro cada venres.
- Debedes devolvelo antes do seguinte venres para poder levar outro.
- Tedes que coidalo moito, moito para que non se estrague e outros nenos poidan seguir gozando del.

Mochilas viaxeiras: Brais, Sasha e Anxo

Hora de ler para Brais, Sasha e Anxo. As mochilas viaxeiras estarán estes días nas súas casas para compartir en familia bos momentos de lectura.

24 de febreiro: Día de Rosalía de Castro

O día 24 de febreiro conmemoramos un ano máis o Día de Rosalía de Castro.
No cole realizamos diversas actividades para homenaxear á escritora máis representativa da literatura galega. 


Os compañeiros de primaria estiveron a traballar o poema " Pra Habana" recollido na obra "Cantares Galegos"
E os pequerrechos participamos nun obradoiro de plástica no que utilizamos diferentes técnicas: pintado con témperas, estampado con esponxa, picado, recortado, pegado... para realizar as flores e bolboretas que necesitamos para decorar o mural que realizamos entre todos no corredor principal do cole.

19 de febreiro de 2019

Orbil na Carballeira!!!

Este luns no cole recibimos unha visita sorpresa. Orbil, a mascota do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, veu saudarnos.
Chocou as mans, repartiu apertas e tirouse unha morea de fotos con todos.




Que ben o pasamos!!!
Deica logo Orbil. Vémonos no XX Salón do Libro!!!

Tedes as fotos aquí.


9 de febreiro de 2019

Mochilas viaxeiras: Xabi e Lucía

As mochilas viaxieiras son unha oportunidade de compartir coa familia o pracer pola lectura. Estes días estarán nas casas de Xabi e de Lucía. Desfrutade delas!!!



As nosas mascotas van de visita

Esta fin de semana Pam e Mina visitan as casas de Alejandro e de Sasha. De certo que o pasarán estupendamente!

O luns, iogur, e o mércores, froita!!!

Xa sabedes que o cole é un lugar esencial para adquirir hábitos saudables polo que tratamos de fomentar o consumo de froitas frescas e produtos lácteos. Todos os luns recomendamos traer un lácteo e os mércores unha peza de froita para a merenda. 

Así que lembrade, o luns iogur e o mércores froita!!!

Divertíndonos coa xeometría


Basta con mirar ao noso redor e veremos como estamos rodeados de xeometría. Triángulos, cadrados, rombos... a xeometría está na nosa contorna.  

O ensino da xeometría en Educación Infantil é fundamental para recoñecer e representar formas e adquirir unha estruturación do espazo a través do esquema corporal do propio neno, axudando a adquirir as primeiras percepcións e a formarse unha idea dos obxectos que conteñen o mundo no que viven e atopan na súa vida cotiá. 

Estes días estamos a traballar con escarvadentes e plastilina para facer figuras xeométricas.  

Na aula de tres anos...

Na aula de catro anos...



E tamén na aula de cinco anos... 

Que divertido!!!

Feliz aniversario Fabián!!!

Esta semana celebramos o aniversario de Fabián que xa ten catro anos.
Para celebralo trouxo unha rosca riquísima e agasallou aos seus compañeiros cuns monicreques simpatiquísimos que fixo na súa casa con cartolinas. Moitas grazas!!!


Parabéns Fabián!!! 

Tedes as fotos premendo aquí.

1 de febreiro de 2019

Mochilas viaxeiras: Sergio

Hoxe Sergio estaba así de feliz porque estes días vai ter na súa casa a mochila viaxeira e gozará de grandes momentos de lectura compartida en familia. Seguro!


As nosas mascotas van de visita

Este mes de xaneiro as nosas mascotas estiveron de visita en casa de Louay, Máximo, Thiago, Manuel, Uxío, Natasha e Claudia. 
Pam, Mina e Turi coñeceron ás súas familias, fixerón unha chea de cousas xuntos e divertíronse mogollón.