24 de decembro de 2019

O Nadal peta á porta

O Nadal peta a porta e os Pequerrech@s estivemos durante días preparándonos para a ocasión, decorando as portas das aulas, engalanando o corredor, ensaiando as actuacións para o Festival, confeccionando tarxetas de felicitación,... 


 E o día do Festival, tod@s preparad@s para actuar.


Coma sempre, tivemos unhas actuacións espectaculares ante un público entregado.

 
Peqerrech@s da Carballeira: Bombeiros a Belén from Educación Infantil on Vimeo.
Pequerrecho@s da Carballeira: Froiteando from Educación Infantil on Vimeo.
O pingüín Sadurniño from Educación Infantil on Vimeo.


 E, para rematar, tivemos a sorte de que o rei Melchor puido facer un oco na súa axenda e visitarnos para darnos un pequeno agasallo por portarnos tan ben durante todo o ano.



Boas Festas e moi feliz 2020!!!


19 de decembro de 2019

Aniversarios de Decembro

Aquí temos os derradeiros aniversarios do ano. 

Candela xa ten tres anos.


Aarón, Clara e Claudia cumpren catro anos.


E Brais chegou xa aos cinco anos.


Parabéns, Candela!!!
Parabéns, Aarón!!!
Parabéns, Clara!!!
Parabéns, Claudia!!!
Parabéns, Brais!!! 

As nosas mascotas van de visita

Candi e Cora aproveitaron estos últimos días de decembro para visitar as casas de Sergio e Brais.

 Que ben o pasaron!

Mochilas viaxeiras: Lucía e Alicia

Hora de ler para Lucía e Alicia coas Mochilas viaxeiras.


Seguro que pasarán moi bos momentos de lectura compartida en familia.

Música tradicional con Agrúo

O pasado 10 de decembro, desfrutamos dunha magnífica sesión de música tradicional galega a cargo do grupo Agrúo.

Mostráronnos que podemos facer música non só cos instrumentos tradicionais (gaita, pandeiro, tambor...) senón con case calquera cousa que teñamos a man: tixolas, morteiros, cabazas, sachos... ata unha mesa!


Moitas grazas, Agrúo!

Colorín, colorado: gústanos o teatro!

Que ben o pasar os Pequerrech@s de tres anos co seu proxecto "Colorín, colorado".
Estes días están con Rapunzel e Mamá cabra e os sete cabritiños. E cado toca teatro, non hai mellores actores, non sí? 





Pequerrech@s da Carballeira: Rapunzel from Educación Infantil on Vimeo.

9 de decembro de 2019

Unha xanela ao mundo: os chineses

As alumnas e alumnos de quinto de Educación Infantil rematamos, por fin, o percorrido  pola cultura chinesa. Aprendemos unha morea de cousas pero as nosas experiencias favoritas foron as que teñen que ver cos sentidos... 


Fixemos farolillos chinos, degustamos unha taza de té chinés e, finalmente, puxémonos as botas cunha cunca de fideos chinos... 


Que ben o pasamos!!!!


Tedes as fotos premendo aquí.

5 de decembro de 2019

Certame de Postais de Nadal 2019

Lembrámosvos que xa está convocado o Certame de Postais de Nadal 2019.
Entre todas as creacións presentadas elixiremos a postal máis orixinal para felicitar o Nadal a toda a Comunidade Educativa. Animádevos a participar!




4 de decembro de 2019

Ciencia na cociña: Thiago, Evelio, David e Jose

Esta semana foron David, Jose, Evelio e Thiago os que nos presentaron as súas estupendas receitas de cociña. 


David mostrounos un prato de pasta con carne e tomate natural, Evelio unha pizza de salmón afumado, Jose un arroz tres delicias e Thiago un biscoito que trouxo para compartir con todos os Pequerrech@s.


Con esta actividade tratamos de axudar aos nenos a identificar os pasos que se deben seguir para alcanzar un obxectivo. Comprender unha secuencia é un aspecto fundamental para o desenvolvemento do razoamento e da capacidade de resolución de problemas.

Moitas grazas, familias pola vosa colaboración!