25 de febreiro de 2020

24 de febreiro: Día de Rosalía de Castro

Os dous da terra lonxe
andamos e sufrimos ¡ai de min!
mais ti tan soio te recordas dela
i eu, dela e mais de ti.
Ambos errantes polo mundo andamos
i as nosas forzas acabando van;
mais ¡ai! ti nela atoparás descanso
i eu tan soio na morte o hei d'atopar.
 Follas Novas                                                                                                                

#ErrantesPoloMundo é o lema da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega  para conmemorar o Día de Rosalía de Castro e os Pequerrech@s participamos cos compañeiros e compañeiras do cole elaborando un video que podedes ver no blogue da Biblio do Checho.


Tamén participamos no VII Certame Fotográfico "Errantes polo mundo" no que as familias colaboraron achegando fotografias da migración dos seus familiares.


Moitas grazas a tod@s!!!

16 de febreiro de 2020

Mochilas viaxeiras

As Mochilas Viaxeiras seguen a súa andaina de casa en casa, de familia en familia. As últimas en gozar delas foron as de Kiara, Óscar, Manuela, David e Noa.



E o noso recuncho das Mochilas Viaxeiras segue medrando cos estupendos debuxos que os nosos Pequerrech@s fan dos seus contos favoritos.

https://photos.app.goo.gl/oa1iyJNyHrQkRvgq5

As nosas mascotas van de visita

Desde que comezou o ano 2020, as nosas mascotas estiveron moi ocupadas visitando os fogares dos nosos Pequerrech@s.
Candi, Cora e Curtis coñeceron ás súas familias, fixeron un montón de cousas xuntos e divertíronse mogollón.







6 de febreiro de 2020

Adiviña que veu ao cole esta mañá!

Pequerrech@s da Carballeira: Orbil from Educación Infantil on Vimeo.


Pois si, o noso querido Orbil estivo de visita no cole para animarnos a participar no próximo Salón do Libro
Bailou, chocou as mans, repartiu apertas e tirouse unha morea de fotos con todos. Que ben o pasamos!!!


Deica logo, Orbil! Vémonos no XIX Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra!!! 

30 de xaneiro: Día Escolar da Non Violencia e a Paz

Como cada 30 de xaneiro e con motivo da conmemoración do falecemento de Gandhi, no cole celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.

Os Pequerrech@s decoramos o noso corredor e colaboramos no mural do corredor principal.


Na biblioteca, os nenos de primeiro de primaria representaron para nós unha obra de teatro e tamén participamos no "Abecedario pola Paz" e cantamos con todo o cole a canción "Se buscan valientes" na xuntanza que fixemos no ximnasio.


Tedes as fotos premendo aquí.

E no blogue da Biblio do Checho tedes tamén máis información:
http://dinamizacioncarballeira.blogspot.com/2020/02/dia-da-paz-2020.html