15 de xuño de 2020

Botando a vista atrás...

Rematamos este curso tan especial despedindo unha nova xeración de Pequerrech@s. 
Iker, Natasha, Brais, Jose, Louay, David O.,Lucas, Manuela, Lucía, Thiago, Evelio, David T. seguide así, coa vosa alegría, ilusión, compañeirismo e ganas de aprender. Moita sorte na educación primaria!!!




E ás vosas familias, grazas. Grazas pola vosa implicación, comprensión e respaldo, pola vosa confianza e o voso agarimo. Moitísimas grazas!!!

11 de xuño de 2020

Os turistas de 5º de Infantil

Por fin chegaron as vacacións!!!! mirade que guapos e elegantes se vestiron para a ocasión... seica se vestiron de "turistas"... estarán a mandarlles algunha mensaxe aos seus pais??? 😉 Bo verán para todos, merecen as mellores vacacións do mundo porque son xeniales!! Agora toca descansar, relaxarse, desfrutar do bo tempo e ser felices!!!! Un milleiro de bicos e apertas para os meus cativos e as súas familias!






Proxecto "Máis aló das estrelas"

O último proxecto deste curso dos nenos e nenas de 6º de Infantil foi “Máis aló das estrelas”. Nel investigamos sobre o noso planeta e o universo: como é o planeta Terra por dentro e por fóra, que é o Sol, cales son os planetas do sistema solar, que constelacións coñecemos, que viaxes espaciais fixéronse…
Viaxamos ao centro da Terra e aprendemos unha chea de cousas sobre os volcáns... 


Visitamos o noso sistema solar 




Descubrimos as constelacións e o noso signo do zodíaco


Cantas cousas aprendemos!!!

Proxecto "O estanque de Monet"

Os nenos e nenas de 4º de Infantil rematamos o último proxecto deste curso, “O estanque de Monet”.
Investigamos como son os estanques, que se pode atopar neles e que seres vivos habítanos.
Indagamos sobre a auga do estanque e as plantas que crecen dentro e ao seu  arredor, sobre os animais que viven no estanque, os que nadan, os que voan, os que se desprazan polo chan…
Canto aprendemos!




7 de xuño de 2020

Aniversarios de maio

Neste mes de maio celebramos dous aniversarios.

Alicia xa ten cinco años.


E Natasha cumple seis anos.


Parabéns, Alicia!!!
Parabéns, Natasha!!!