Na aula de 4º de Infantil utilizaron té para tinguir o fondo do cadro e témperas sólidas para colorear cada figura e o marco. E tamén fixeron boliñas de papel de seda para as flores que engadiron.
31 de xaneiro de 2021
Día da Paz: aula de 5º
Na aula de 5º de Infantil, despois da charla da profe Begoña, traballaron a súa reinterpretación do Guernica con témperas sólidas e líquidas, rotuladores, xices esmagados e limaduras de ceras.
Día da Paz: aula de 6º
Na aula de 6º de Infantil traballaron na reinterpretación do Guernica con difetentes materiais, todos comestibles: iogur, fariña, café, fideuá, fariña de monda de mandarina, colorantes alimentarios...
E representaron teatralmente o que lles suxería o cadro.
Día da Paz 2021
Co gallo da celebración do DÍA DA PAZ, O 30 DE XANEIRO, as nenas e nenos do ceip A CARBALLEIRA, quixemos facer unha homenaxe á famosa obra de PABLO PICASSO, “GUERNICA”.
Aínda que actualmente son varias as interpretacións que se barallan sobre o significado do famoso cadro, nós quixemos facer a nosa propia visión da obra a partires da utilización de outras cores, de diferentes técnicas empregadas, da diversa utilización do espazo e dos oito esquemas gráficos seleccionados.
Cada aula levou a cabo a súa propia interpretación do Guernica partindo da observación, análise e valoración da obra orixinal, para poder iniciar, a continuación, o seu propio proceso de reelaboración.
O Guernica de Picasso fai fincapé na brutalidade, na violencia, na escuridade. Destaca por riba de calquera outra emoción o sufrimento, a dor. As figuras expresan medo, angustia, terror.
Nós tentamos expresar todas esas emocións negativas, propias das guerras, dende unha mirada chea de esperanza e de paz. Porque nós apostamos pola paz. Nós confiamos na posibilidade de conseguir entre todos un mundo mellor, máis xusto, máis equitativo, máis humano. As nenas e nenos son quen de conseguilo. Eles son o futuro, e nós, os adultos, temos a obriga de marcarlle o camiño. Outro mundo é posible.
Aniversarios de xaneiro
Xa temos aquí os primeiros aniversarios do ano.
Na aula dos maiores, Máximo ten xa seis anos.
E na aula dos máis pequechiños, foron Mateo e Manuel os que celebraron os seus catro anos.
Parabéns, Maxi!!!
Parabéns, Mateo!!!
Parabéns, Manuel!!!
Froita e leite na escola!
Como en cursos anteriores, este tamén participamos no Programa Escolar de Consumo de Froita e Leite na Escola para promocionar merendas saudables.
As cores do inverno
Igual que fixeron no outono, os máis pequenos estiveron a experimentar coas cores do inverno.
Primeiro plasmando con témpera as pegadas das mans. E a que sobrou convertémola en cubitos de xeo para poder experimentar outra maneira de pintar con ela.
Que divertido!!!
Filomena
Os Pequerrech@s de 5º de Infantil estiveron a traballar sobre Filomena, o temporal máis intenso dos últimos anos que tantas imaxes espectaculares deixounos.
Cristais de inverno
O inverno xa está aquí e na aula dos maiores, como lles quedaron tan bonitas as xanelas decoradas en Nadal, agora volveron facer o mesmo pero con motivos de inverno. Quedaron chulísimas!!!