8 de marzo de 2021

8 de marzo: Día da Muller

 Este 8 de marzo, Día Internacional da Muller, querémolo dedica ás Sinsombreiro, un grupo de mulleres pensadoras e artistas da Xeración do 27. Recibiron ese nome polo xesto de quitarse o chapeu en público, actitude transgresora coa que pretendían romper a norma e, metaforicamente, liberar as ideas e inquietudes.

Na aula de 6º aprendemos moitas cousas sobre Maruxa Mallo, pintora surrealista galega, e logo elaboramos un mural coa nosa interpretación da súa sinatura.



Na aula de 5º escollimos á poetisa e dramaturga Concha Méndez.

 

E na aula de 4º dedicamos as nosas actividades a tódalas Sinsombreiro 




24 de febreiro: Día de Rosalía de Castro

 O 24 de febreiro é o Día de Rosalía e, aínda que confinados, quixemos celebralo como se merece.

Na aula de 6º, traballamos diversos poemas e entre eles, " Eu ben vin estar ó moucho" e cos seus versos decoramos os cabelos dos nosos retratos de Rosalía.




Na aula de 5º eliximos o poema "Adios ríos, adios fontes"

 

E, os pequeniños de 4º escollemos unhas estrofas do poema "Vente rapasa" para facer as nosas actividades e, de paso, bailar un pouquiño cos The Lelli Kellies






 



Aniversarios de febreiro

Neste mes de febreiro celebramos dous aniversarios.

Fabián ten xa seis anos.

E Iván cumple catro anos.


Parabéns, Fabi!!!

Parabéns, Iván!!!