23 de decembro de 2017

Polo Nadal.....Festival!!!

Que ben o pasamos no Festival de Nadal!


Chegou o momento de poñer en escea diante das mamás e papás, avoas e avós, irmás e irmáns, tías e tíos...as actuacións que durante tanto tempo levabamos preparando. Aquí tedes unha mostra do ben que o fixeron nosos Pequerrech@s.


Pero o momento máis esperado de toda esta festa foi a visita do rei Melchor. Mirade que facianiñas emocionadas descubrindo os agasallos.


Dende o blogue dos Pequerrech@s da Carballeira queremos desexarvos un moi feliz Nadal!
Vémonos o ano que ven!!! 

Tedes todas as fotos aquí. 

21 de decembro de 2017

Buscando unha estrela

Este Nadal os Pequerrechos de 4 e 5 anos andaban "Buscando unha estrela" e parece que a mamá de Hugo atopouna a beira do mar.



Todos tivemos a oportunidade de poder observala tranquilamente e coñecer cousas moi interesantes sobre ela.


Grazas Hugo por achegárnola ao cole, foi unha exeriencia moi interesante!

19 de decembro de 2017

A profe Laura ven de visital!!!

Hoxe levámonos unha magnífica sorpresa, a profe Laura veu visitarnos!
Tiña moitas ganas de vernos e aproveitou un oquiño na súa apretada axenda para achegarse ata o cole a saudarnos (e, de paso, agasallarnos cunhas lambetadas).


Moitas grazas profe Laura por esta visita tan agarimosa.

Feliz aniversario Eder!!!

Na aula dos maiores houbo celebración, Eder xa ten catro anos e quixo festexalo cos seus compañeiros.


Houbo festa rachada: cantaron, xogaron, fixeronlle un album de debuxos de agasallo, el repartiu lambetadas... e aquí tedes a proba
https://aprofebelen.blogspot.com.es/2017/12/cumple-de-eder.html 

Parabéns Eder!!!

16 de decembro de 2017

Feliz aniversario Brais!!!

Este venres tivemos de aniversario a Brais que cumpre tres años.


Para celebralo trouxo unhas riquísimas galletas personalizadas para cada un de nós que fixo na súa casa cos seus papás. Estaban exquisitas! Moitas grazas!!! 



E para seguir coa festa, esta fin de semana convidou a Pam a súa casa. Seguro que o pasan de marabilla!


https://photos.app.goo.gl/III3cjGQXpn5YtP22

Parabéns Brais!!!

O Nadal peta á porta

Chegado o tempo do Nadal, todas as culturas occidentais teñen un home vello e sabio que lles axuda aos nenos a pasar o inverno. Este personaxe creado polo imaxinario colectivo ten como base a preocupación, nos tempos de escaseza e frío, polo benestar dos máis pequenos. Aparte dos universalmente coñecidos Papá Noel, Santa Claus ou San Nicolás, por aquí temos o Olentzero (País Vasco), o Tió de Nadal (Cataluña) ou o Esteru (Cantabria).

Sabedes cal é a personaxe da cultura galega? O Apalpador, que durante os anos de esquecemento sobreviviu nos montes do Courel e o Cebreiro e agora volve facernos compaña.

Velaquí a versión da cantiga tradicional do Apalpador nas voces de Malvela.



Outrosí temos "O Apalpador" do grupo Mamá Cabra adaptado á lingua de signos por AZ



Se queredes coñecer máis cousas sobre este simpatico personaxe premede na ligazón

12 de decembro de 2017

O Recuncho das Mochilas Viaxeiras

As mochilas viaxeiras seguen de familia en familia. Mirade que traballos máis fermosos nos achegan os nosos Pequerrech@s. A que son uns artistas!


https://photos.app.goo.gl/dzJGbtCau6pRQB5y2

11 de decembro de 2017

Pam vai de visita

A semana pasada Pam visitou a casa de Thiago. Como foron moitos días deulles tempo de facer moitísimas cousas xuntos e Pam puido coñecer a toda a familia: a mamá, o papá, os avós, os tíos, as tías... Pasárono en grande!!!  


4 de decembro de 2017

É tempo de Nadal

Xa está aquí o Nadal e os Pequerrech@s comezamos con todos os preparativos: estamos a decorar as nosas aulas e corredores e estamos a ensaiar as nosas interpretacións para o Festival de Nadal. 


Tamén elaboraremos, xunto cos compañeiros de primaria,  un mural no corredor principal polo que solicitamos a colaboración das familias para decorar os diferentes adobíos.  


E non vos esquezades de participar no Concurso de Postais de Nadal. Lembrade que a postal elixida, será a que empregaremos dende o colexio para felicitar as Festas a toda Comunidade Educativa.

E para ir animando o ambiente aquí deixámosvos estas panxoliñas para que cantedes e bailedes toda a familia.


 




2 de decembro de 2017