Educación Infantil do CEIP A Carballeira de Lourizán (Pontevedra)
16 de decembro de 2017
O Nadal peta á porta
Chegado o tempo do Nadal, todas as culturas occidentais teñen un home vello e sabio que lles axuda aos nenos a pasar o inverno. Este personaxe creado polo imaxinario colectivo ten como base a preocupación, nos tempos de escaseza e frío, polo benestar dos máis pequenos. Aparte dos universalmente coñecidos Papá Noel, Santa Claus ou San Nicolás, por aquí temos o Olentzero (País Vasco), o Tió de Nadal (Cataluña) ou o Esteru (Cantabria).
Sabedes cal é a personaxe da cultura galega? O Apalpador, que
durante os anos de esquecemento sobreviviu nos montes do Courel e o
Cebreiro e agora volve facernos compaña.
Velaquí a versión da cantiga tradicional do Apalpador nas voces de Malvela.
Outrosí temos "O Apalpador" do grupo Mamá Cabra adaptado á lingua de signos por AZ
Se queredes coñecer máis cousas sobre este simpatico personaxe premede na ligazón
Ningún comentario:
Publicar un comentario