Estes días estamos investigando moito sobre as plantas.
Temos a sorte de ter no patio unhas árbores que nos permiten observar o
nacemento e crecemento das súas novas follas.
Tamén vimos agromar algunhas sementes.
E hoxe tivemos unha sesión práctica de xardinería.
A profe Belén trouxo diversas plantas para cultivar en testos: caléndulas, coleos, alegrías, begonias, romeu, herba luísa, amorodeiras, tomateiras...e tamen trouxo sementes e bulbos.
E fomos ao patio para traballar máis comodamente. Primeiramente botamos terra nos testos. Decontado colocamos as plantas, engadimos un pouco máis de terra e apisoámola ben.
E rematamos cunha regadura abondosa.
A partir de agora estaremos moi pendentes para que non lles falten os coidados necesarios para que medren fortes e fermosas.
Tedes todas as fotos aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario