29 de outubro de 2018

Feliz aniversario Evelio!

Esta semana Evelio está de aniversario. Cumple catro anos e trouxo unhas saborosas galletas que fixo na casa para agasallar aos seus compañeiros.


Parabéns Evelio!!!

As nosas mascotas van de visita

Esta fin de semana Pam, Mina e Turi visitaron as casas de Fernando, Sasha e Mauro, fixeron un montón de cousas xuntos e o pasaron de marabilla. 

24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares

O pasado mércores celebramos o Día das Bibliotecas Escolares, este ano co lema "Poéticas Diversas na Biblioteca Escolar".
Os compañeiros de Primaria que presentaron o evento  lembráronnos que este curso seguiremos desenvolvendo o PDI "Meu amigo o robot", polo que en Infantil seguiremos traballando co noso robot-mouse. Tamén amosáronnos ou papel que vai ter a "Gamificación" na nosa aprendizaxe. 


Logo presentaron as bibliotecas de aula.

E, para rematar, entregáronnos as Mochilas Viaxeiras que con tanta ilusión estabamos a esperar.


Alicia, Lucas e Manuel son os primeiros Pequerrech@ s que poderán gozalas coas súas familias.

Agardamos os vosos traballos e que disfrutedes delas con toda a familia!

19 de outubro de 2018

As nosas mascotas van de visita

Esta fin de semana Pam, Mina e Turi visitarán as casas de Naida, Jose e Ian. De certo que o pasarán estupendamente!

Menudos artistas!

Cando estaba onte con Anxo fabricamos a Bob Esponxa.
Fixémoslle os pantalóns e a gravata pero primeiro puxemos uns tacos amarelos e logo puxémoslle a boca, os dentes os ollos e tamén o nariz.


Logo eu só fixen aos demais personaxes.


Mauro, 6º curso de E. Infantil

Feliz aniversario Anxo!!!

Esta semana tivemos de aniversario a Anxo, que cumple xa cinco anos e quixo celebralo cos seus compañeiros  agasallándoos cunhas lambetadas deliciosas.


Parabéns Anxo!!!

16 de outubro de 2018

Recunchos de outono

Seguindo co noso proxecto sobre O Outono, días atrás pediamos a colaboración das familias para preparar os nosos recunchos do outono. A colaboración, como sempre, foi extraordinaria: toda clase de follas, froitos, manualidades, receitas, poesías... ata un ambientador que cheira que arrecende!



Moitísimas grazas!!!

12 de outubro de 2018

As nosas mascotas van de visita

Esta fin de semana as nosas mascotas Pam, Mina e Turi están de visita nas casas de Alicia, Manuela e Breixo, farán un montón de cousas xuntos e o pasarán xenial. Seguro!!!

Un castiñeiro na Carballeira

No cole da Carballeira temos a sorte de contar cunha chea de árbores e, entre elas, un precioso castiñeiro. 



Nesta época do ano podemos observar con todo detemento os cambios nas súas follas e os seus froitos.


Manipular, experimentar, xogar... en definitiva, vivenciar o outono. 


 
Tedes as fotos premendo aquí.

6 de outubro de 2018

O outono xa chegou

O outono xa chegou e no cole estamos a pescudar moitas cousas sobre el. 
Estes días convidamos ás familias a que busquedes cos Pequerrech@s calquera cousa relacionada co tema: froitos secos, froitas de tempada, receitas, refráns, poesías, debuxos, manualidades, fotos, etc.
Todo estará ben para montar o noso recuncho do outono.
E para irvos animando aquí vos deixamos "O outono" de Uxía Lambona e a Banda Molona.

As nosas mascotas van de visita!!!

Esta fin de semana Pam, Mina e Turi están de visita nas casas de Noa, David e Xabi.


 Seguro que o pasan de marabilla.

3 de outubro de 2018

Agasallos para a Biblio do Checho!!!

A familia de Pablo e David fixo unha importante doazón á Biblioteca do Checho. Agasallounos cunha colección de contos e DVDs en inglés, libros de manualidades e contos para os primeiros lectores.



En breve todos estes exemplares estarán a disposición de todos os usuarios da biblio.
Moitísimas grazas familia!!!

Un estupendo agasallo de Teo

Teo, o noso compañeiro de 2º de primaria, deunos un estupendo agasallo. Trouxo una manchea de xoguetes para os Pequerrech@s porque el xa é un neno grande e non os utiliza.



Moitísimas grazas Teo!!!

Mina vai de visita

Esta fin de semana Mina visitou a casa de Thiago. Fixeron un montón de cousas xuntos e o pasaron xenial.



Pam e Turi tamén se están a preparar para ir a casa dos nosos Pequerrech@s. A quen visitarán esta vez?

O proceso de adaptación dos Pequerrech@s de tres anos


Ola familias!

Rematou o mes de setembro e damos por finalizado o Período de Adaptación dos nenos e nenas á escola.

Foi un tempo intenso, cheo de novidades, de aprendizaxes e algunha que outra  bágoa.

Xa coñecemos ben a aula, sabemos onde está cada recuncho de actividade e que podemos facer en cada un deles.  Entre todos axudamos a decorala, a poñer cada cousa no seu sitio e a sentila como propia pois nela imos pasar moitas horas ao longo do curso.

Déixovos unhas fotos para que vexades que ben o pasan os nenos e nenas en cada recuncho da aula e cantas cousas saben facer xa !!!!