3 de outubro de 2018

O proceso de adaptación dos Pequerrech@s de tres anos


Ola familias!

Rematou o mes de setembro e damos por finalizado o Período de Adaptación dos nenos e nenas á escola.

Foi un tempo intenso, cheo de novidades, de aprendizaxes e algunha que outra  bágoa.

Xa coñecemos ben a aula, sabemos onde está cada recuncho de actividade e que podemos facer en cada un deles.  Entre todos axudamos a decorala, a poñer cada cousa no seu sitio e a sentila como propia pois nela imos pasar moitas horas ao longo do curso.

Déixovos unhas fotos para que vexades que ben o pasan os nenos e nenas en cada recuncho da aula e cantas cousas saben facer xa !!!!

 






1 comentario:

  1. Esta rapazada éche ben afortunada! Contentas e orgullosas do noso cole! Grazas profe Begoña

    ResponderEliminar