31 de xaneiro de 2019

30 de Xaneiro: Día Escolar da Non Violencia e a Paz

Onte celebramos o Día da Paz.

Os días previos, nas aulas  coñecemos a historia de WANGARI E AS ÁRBORES DA PAZ. 
Animámosvos a que busquedes esta historia real en internet porque paga a pena. A os Pequerrch@s encantoulles.



Na biblioteca, os nenos e nenas de segundo de primaria representaron para nós o poema de José Agustín Goytisolo "El lobito bueno"


Decontado entre todo o cole elaboramos un mural no corredor principal cheo de mans estendidas e mensaxes de paz.



Logo, no ximnasio escoitamos o kamishibai "Chámome Paz" que fixemos entre todos os cursos.



Velaquí as láminas coas que participamos




E, para rematar, cantamos unha canción, "A pomba da Paz", á que puxeron letra os nenos e nenas de 5º de primaria.



Tedes as fotos premendo aquí.

Mochilas viaxeiras: Breixo, Jose e Óscar

Estes días as mochilas viaxeiras están nas casas de Breixo, Jose e Oscar.

 Esperamos que pasedes moi bos momentos con elas.

Que ben recitamos!

Mirade que ben recitan estes Pequerech@s. Menudos artistas!!!


Feliz aniversario Máximo e Mauro!!!

Comezamos o ano con novos aniversarios.
Na aula dos pequeniños Máximo cumpriu catro anos.


E na aula dos maiores Mauro celebrou o seu quinto aniversario 


Parabéns Máximo!!!
Parabéns Mauro!!!

23 de xaneiro de 2019

Animación á lectura con Olga Cuervo

Hoxe os Pequerrech@s recibimos a visita da contacontos Olga Cuervo. 
Por cortesía da editorial SM compartiu connosco unha sesión de animación á lectura. 


Pasamos uns momentos divertidísimos escoitando os seus contos, primeiro o do pitiño Cocorico e logo outro máis dun pirata moi especial.


Que ben o pasamos !!!  Moitas grazas Olga!!!



Si queredes ver máis fotos premede aquí

11 de xaneiro de 2019

Mochilas viaxeiras: Claudia, Evelio e Mauro

Así de felices están Claudia, Evelio e Mauro porque as mochilas viaxeiras van estar estes días nas súas casas e poderán desfrutar delas xunto coas súas familias.



As nosas mascotas van de visita

O ano comeza con Pam, Mina e Turi visitando as casas de Óscar, Lucas e Pablo.

 Seguro que o pasan xenial!

Feliz aniversario Claudia, Clara e Lucía!!!

Aquí temos os derradeiros aniversarios do ano. Claudia e Clara xa teñen tres anos e Lucía cumpriu catro. Así de contentas celebrárono coas súas compañeiras e compañeiros.


Parabéns Claudia!!!
Parabéns Clara!!!
Parabéns Lucía!!!

Alicia no Diario de Pontevedra

A nosa Alicia apareceu no Diario de Pontevedra coa súa tarxeta de felicitación gañadora do Certame de Postais de Nadal do cole.


No blogue da Biblio do Checho podedes ver todas as que se presentaron. 
http://dinamizacioncarballeira.blogspot.com/2019/01/isto-e-ben-interesante.html

Lembrando o festival de Nadal

Comezamos o 2019 lembrando o festival de Nadal. 

Esperando o espectáculo.


Cantos nervios antes de actuar!


Que ben interpretamos o conto musicado do "O piollo e a pulga" e as panxoliñas "Chegou o Nadal" e "Xa me tardan estes magos"


Estivemos moi atentos ás actuacións dos nosos compañeiros de primaria.


E, ao final tivemos a mellor sorpresa!


Melchor tróuxonos uns agasallos que nos encantaron.



Que ben o pasamos!