31 de xaneiro de 2019

30 de Xaneiro: Día Escolar da Non Violencia e a Paz

Onte celebramos o Día da Paz.

Os días previos, nas aulas  coñecemos a historia de WANGARI E AS ÁRBORES DA PAZ. 
Animámosvos a que busquedes esta historia real en internet porque paga a pena. A os Pequerrch@s encantoulles.



Na biblioteca, os nenos e nenas de segundo de primaria representaron para nós o poema de José Agustín Goytisolo "El lobito bueno"


Decontado entre todo o cole elaboramos un mural no corredor principal cheo de mans estendidas e mensaxes de paz.



Logo, no ximnasio escoitamos o kamishibai "Chámome Paz" que fixemos entre todos os cursos.



Velaquí as láminas coas que participamos




E, para rematar, cantamos unha canción, "A pomba da Paz", á que puxeron letra os nenos e nenas de 5º de primaria.



Tedes as fotos premendo aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario