As Mochilas viaxeiras seguen a súa andaina de casa en casa, de familia en
familia. As últimas en gozar delas foron as de Noa, David e Naida.
No noso recuncho das Mochilas Viaxeiras de Infantil podedes admirar os estupendos debuxos que fan os nosos Pequerrech@ s dos seus contos favoritos.
https://photos.app.goo.gl/qNXavr5x5eLFxAff8
23 de marzo de 2019
As nosas mascotas van de visita
Que ben o pasan as nosas mascotas cando van de visita. Estes días Pam e Mina estiveron con Jose, Clara, David e Brais.
A quen lles tocará a vindeira vez?
A quen lles tocará a vindeira vez?
Que hai no chan?
Pequerrech@s de catro anos comezamos un novo Proxecto: Que hai no chan? así que fomos a investigar un pouco polo noso patio para ver que atopabamos.
E, por suposto, tamén na Biblio de Checho.
E, por suposto, tamén na Biblio de Checho.
Almorzos saudables
E para rematar agasalláronnos un conto dos Bolechas. Moitas grazas!
13 de marzo de 2019
Mochilas viaxeiras: Adrián e Jose
As mochilas viaxeiras estarán estes días nas casas de Adrián e de Jose e pasarán moi bos momentos con elas. Seguro!
8 de marzo: Día da Muller
A semana pasada celebramos o Día Internacional da Muller.
Todos os días son días de traballo pola igualdade pero o 8 de marzo é unha das datas claves para avanzar na educación para igualdade, na formación de cidadáns e cidadás na procura dunha sociedade máis xusta.
Os Pequerrech@s organizamos todas as nosas actividades apoiándonos no conto Rosa Caramelo, de Adela Turín.
"Na manda, todas as elefantas son de cor rosa, menos Margarita. E pronto descubrirá que as do seu sexo teñen prohibido facer cousas reservadas aos machos. Ao non aceptar esa tradición mostrará ás súas compañeiras que a igualdade non é unha utopía".
E, para rematar, elaboramos este fermoso mural para o noso corredor.

6 de marzo de 2019
Ian, unha historia que nos mobilizará
A raíz da entrada que fixemos sobre as enfermidades raras, Ana, a nai dun dos nosos Pequerrech@s, achegounos un artigo sobre a educación na inclusión, a empatía e a tolerancia.
https://gestionandohijos.com/ian-una-historia-que-nos-movilizara/
Moitas grazas, Ana!
https://gestionandohijos.com/ian-una-historia-que-nos-movilizara/
Moitas grazas, Ana!
2 de marzo de 2019
Entroidando na Carballeira!!!
Que ben o pasamos este venres!!!
Durante días estivemos a preparar con moito agarimo o noso Entroido para celebralo ao grande.
Adobíos, disfraces, fotocol, desfile, merendola, xogos, música... que máis se pode pedir?
Sen dúbida... que se repita!!!
Tedes as fotos premendo aquí.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)