Todos os días son días de traballo pola igualdade pero o 8 de marzo é unha das datas claves para avanzar na educación para igualdade, na formación de cidadáns e cidadás na procura dunha sociedade máis xusta.
Os Pequerrech@s organizamos todas as nosas actividades apoiándonos no conto Rosa Caramelo, de Adela Turín.
"Na manda, todas as elefantas son de cor rosa, menos Margarita. E pronto descubrirá que as do seu sexo teñen prohibido facer cousas reservadas aos machos. Ao non aceptar esa tradición mostrará ás súas compañeiras que a igualdade non é unha utopía".
E, para rematar, elaboramos este fermoso mural para o noso corredor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario