29 de novembro de 2019

As nosas mascotas van de visita

Esta última fin de semana de Novembro, Curtis, Candi e Cora estarán de visita nos fogares de Matías, Alicia e Louay. Seguro que o pasarán xenial!

Ciencia na cociña: Manuela e Louay

Hoxe foron Manuela e Louay os que nos presentaron as súas receitas de cociña.


Manuela explicounos a maneira de facer unha estupenda tortilla de patacas e Louay mostrounos como se fan uns fideos con carne que tiñan un aspecto delicioso.
Con todas estas aportacións estamos a crear un magnífico receitario de cociña!

Ciencia na cociña: os experimentos de Cora



28 de novembro de 2019

Unha xanela ao mundo: Lucas

Hoxe Lucas, o compañeiro de 6º de Infantil trouxo a clase un curioso libro sobre os nenos do mundo, "Niños como yo". 


Como consideramos que sería interesantísimo para os compañeiros e compañeiras de 5º de infantil, foi á súa clase para mostralo e compartir con eles cousas moi curiosas e interesantes sobre nenos e nenas doutras culturas.



Moitas grazas, Lucas!

Ciencia na cociña: Lucía e David

Outros dous compañeiros que se animaron cos fogóns son Lucía e David.
Lucía presentounos unha receita de croquetas que tiñan unha pinta deliciosa e David fixo o mesmo cun biscoito no que o seu irmán Pablo tamén botou unha man.


Que trema Masterchef cos cociñeiros e cociñeiras que están a xurdir na aula de cinco anos!!!

Ciencia na cociña: Brais

Este mércores foi Brais o que nos agasallou cunhas saborosas rosquillas. 


Brais bateu, mesturou, amasou, deulles forma... e deixou que o seu papá fritise as rosquillas para logo rebozalas en azucre e canela.


Estaban tan saborosas que non quedou nin unha migalla!
Moitas grazas, Brais!!!

27 de novembro de 2019

Colorín, colorado: viaxamos a Alemaña con Blue_boot

Na aula de tres anos estamos a traballar no proxecto "Colorín, colorado". A semana pasada fomos co robot-mouse ata Dinamarca para buscar á Sirenita. 

Hoxe en robótica coñecemos un novo robot, blue_ boot e fómonos a Alemaña para situar a escultura dos Músicos de Bremen.


Que ben o pasamos!!!

26 de novembro de 2019

Ciencia na cociña: Lucas

Na aula de 6º de Infantil comezamos o proxecto "Ciencia en la cocina" no que, a través da experimentación e a transformación dos alimentos, traballamos arredor da importancia de ter unha alimentación saudable.
Estes días animamos aos nenos e nenas a que preparen na casa unha receita coa axuda das familias e o primeiro en amosárnola foi Lucas: unhas deliciosas galletas.


Lucas investigou que ingredientes e utensilios necesitou para facerlas, indicounos como foi paso a paso todo o proceso de elaboración e, por último, invitounos a degustalas. Estaban boísimas!!!


Moitas grazas, Lucas!!!

23 de novembro de 2019

As nosas mascotas van de visita

Que ben o pasan as nosas mascotas cando van de visita. Estes días Curtis, Candi e Cora estiveron con Alexander, Óscar, Lucas, Noa, Iker e Candela, fixeron un montón de cousas xuntos e divertíronse mogollón.




Mochilas viaxeiras

Hora de ler para Matías, Naida e Thiago. As mochilas viaxeiras estarán estes días nas súas casas para compartir en familia bos momentos de lectura.



E no noso recuncho das Mochilas Viaxeiras de Infantil podedes admirar os estupendos debuxos que fan os nosos Pequerrech@ s dos seus contos favoritos.

 

Feliz aniversario, Brais!!!

Esta semana, en 5º de Infantil houbo festa. Brais xa ten catro anos e para celebrar o seu aniversario trouxo una torta riquísima coa que convidou a todos os seus compañeiros e compañeiras. 


Parabéns, Brais!!!


Unha xanela ao mundo: os Masai

O alumnado de quinto de educación infantil están a aprender estes días unha morea de cousas sobre a cultura Masai. Os colares, as vivendas, as roupas, os costumes, etc. Están absolutamente entusiasmados co tema!!!!
Pero non contaban cunha sorpresa maiúscula: poder tocar e ainda probar obxectos propios desta cultura que a profe Maricarmen compartiu con nós e co resto do alumnado de infantil!!!
A ocasión ben o merecía. Aí tedes as fotos que amosan, todo o que nos ensinou: colar e pulseira, machete, almofada, lanza, cabaza, etc.





Moito aprendemos e moi ben o pasamos!!!


20 de novembro de 2019

Colorín, colorado: Que ben o pasamos co robot mouse

Velaquí aos Pequerrech@s de tres anos mergullándose no mundo da robótica.

Estes días están a ter a oportunidade de experimentar co robot-mouse e descubrir o seu funcionamento, espertando así a súa curiosidade polo mundo da robótica. 
Mirade que ben o fan.


Pequerrech@s da Carballeira: Robótica from Educación Infantil on Vimeo.

Todo esto o enmarcamos no proxecto "Colorín, colorado" no que os nenos e nenas achegaranse ao mundo dos contos conectando así a realidade da súa contorna co pensamento máxico tan característico da súa idade.

Manualidades de Outono

Aquí podedes ver os traballos da exposición de Manualidades de Outono que temos no corredor de Infantil: piñas, follas de todas as cores, castañas, landras.... Menudos artistas!!! 



Moitas grazas, familias, pola vosa colaboración!

16 de novembro de 2019

Proxectos, proxectos, proxectos...

O traballo por proxectos implica unha metodoloxía activa e participativa, na que a aprendizaxe se constrúe entre todos, facendo, así, aos alumnos protagonistas do seu propio proceso de aprendizaxe e potenciando a súa curiosidade e ganas de aprender.

Na aula de tres anos traballamos o proxecto "Érase unha vez...o meu colexio"  e o rematamos cun castelo-orla xenial que luce agora no noso corredor.


Na aula de catro anos o noso proxecto foi "Un mundo de casas". Na exposición do corredor podedes ver as magníficas maquetas de diferentes vivendas que hai polo  mundo realizadas coa inestimable colaboración das familias.


Na aula de cinco anos ocupámonos do proxecto "Descubrimos a rúa" e o noso traballo final foi un plano da cidade dos zanquilargos que, por suposto, colocamos no corredor tamén.


Que divertido aprender así!!!

Olga Cuervo volve connosco

Por cortesía da editorial S.M., este xoves recibimos a visita da contacontos Olga Cuervo para realizar unha actividade de animación á lectura.





Que ben o pasamos escoitando as súas historias. 
Moitas grazas, Olga!
Tedes máis fotos premendo aquí.

Agasallo para a Biblio do Checho

 Candela, a nosa Pequerrecha de tres anos, realizou unha doazón á Biblio do Checho. O conto "O noso Samaín" xa está a disposición de quen quera disfrutar del.


Moitas grazas, Candela por este agasallo!

9 de novembro de 2019

As nosas mascotas van de visita

Esta fin de semana as nosas mascotas Curtis, Candi e Cora están de visita nas casas de Kiara, Manuel e Manuela, coñecerán ás súas familias e o pasarán xenial. Sen dúbida!

Mochilas viaxeiras: Evelio, Sergio e Candela

As mochilas viaxeiras estarán estes días nas casas de Evelio, Sergio e Candela. Abofé que pasarán moi bos momentos con elas. Seguro! 


Navegando polo Universo

Este venres visitounos Íñigo de la Quadra-Salcedo para propoñernos unha viaxe polo espazo interestelar coa axuda dun planetario móbil.


A bordo dunha nave espacial viaxamos polo Universo, a Vía Láctea e o Sistema Solar. Comprobamos o movemento de planetas e satélites ao redor do Sol, a estrela máis próxima a Terra, e como se producen o dia e a noite ou as estacións do ano. Como a Terra tarda un ano en dar unha volta completa ao redor do Sol pescudamos que, na vida dos nosos Pequerrech@s, soamente deulle tempo a dar tres, catro ou cinco voltas. 



Na nosa nave tamén "pisamos" a Lúa e descubrimos a orixe das figuras que dan nome ás constelacións.



Foi unha experiencia extraordinaria e inesquecíbel!!!
Moitísimas grazas, Íñigo!!!

6 de novembro de 2019

Aniversarios de Novembro

Comezamos Novembro celebrando o aniversario de dous dos nosos Pequerrechos.

Na aula de cinco anos, Evelio agasallou aos seus compañeiros cunhas galletas exquisitas.


E na aula de catro anos, Alejandro convidou aos  seus compañeiros a unhas lambetadas deliciosas.



Parabéns, Evelio!!!
Parabéns, Alejandro!!!

A Bruxa Presumida

A semana pasada, e para rematar as actividades programadas para o Samaín, os compañeiros de 1º de primaria representaron para nós unha adaptación do conto "A ratiña presumida" que titularon "A bruxa presumida"


Que ben o fixeron!!!

Podedes ver o vídeo no blogue da Biblio do Checho
http://dinamizacioncarballeira.blogspot.com/2019/11/a-bruxa-presumida.html