9 de novembro de 2019

Navegando polo Universo

Este venres visitounos Íñigo de la Quadra-Salcedo para propoñernos unha viaxe polo espazo interestelar coa axuda dun planetario móbil.


A bordo dunha nave espacial viaxamos polo Universo, a Vía Láctea e o Sistema Solar. Comprobamos o movemento de planetas e satélites ao redor do Sol, a estrela máis próxima a Terra, e como se producen o dia e a noite ou as estacións do ano. Como a Terra tarda un ano en dar unha volta completa ao redor do Sol pescudamos que, na vida dos nosos Pequerrech@s, soamente deulle tempo a dar tres, catro ou cinco voltas. 



Na nosa nave tamén "pisamos" a Lúa e descubrimos a orixe das figuras que dan nome ás constelacións.



Foi unha experiencia extraordinaria e inesquecíbel!!!
Moitísimas grazas, Íñigo!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario