22 de decembro de 2020

Bo Nadal

Xa estamos en tempo de Nadal e remata este primeiro trimestre do curso cumprindo as nosas mellores expectativas.

No blogue da profe Antía, Musicletas, tedes algunhas actividades e propostas interesantes.

https://musicletas.blogspot.com/2020/12/suxerencias-para-os-reis-magos.html 

E no blogue da Biblio de Checho está o noso Festival de Nadal 2020.

http://dinamizacioncarballeira.blogspot.com/2020/12/festival-de-nadal-2020.html 

 Aquí tedes as actuacións dos Pequerrrech@s



 

Dende o blogue dos Pequerrech@s da Carballeira desexamos que pasades unhas moi boas festas.

Vémonos á volta das vacacións!!!

Aniversarios de Decembro

Neste mes de decembro temos moitos aniversarios que celebrar.

Na aula dos pequeniños, Ara, Omar e Sabela cumplen tres anos.


Tamén celebrou Candela, que xa ten catro aniños.


E Aarón, Claudia e Clara cumplen cinco anos. 

 

Parabéns, Ara, Omar e Sabela!!!

Parabéns, Candela!!!

Parabéns, Aarón, Claudia e Clara!!!

19 de decembro de 2020

As nosas mascotas vístense de Nadal

Cora, Candi e Curtis tamén querían participar cos Pequerrech@s no noso Nadal así que aquí as tedes, no noso corredor, dándonos a benvida ao cole.




 

 

É tempo de Nadal

 Estamos en tempo de Nadal e os Pequerrech@ s puxémonos mans á obra para decorar, como todos os anos, as nosas aulas e o noso corredor. 




Quedounos todo precioso, a que si!!!

Certame de Postais de Nadal 2020

Hai uns días convidabámosvos a participar no Certame de Postais de Nadal. De entre todas as participantes, que foron moitas, resultaron elixidas dúas, unha de Infantil e outra de Primaria, para felicitar as Festas a toda a comunidade educativa. 

E por parte de Infantil, a tarxeta elixida foi...a de Clara!!! 


Parabéns, Clara!!!

 

Se premedes aquí, tedes a felicitación de Nadal e o programa do Festival de Nadal 2020, que este ano por mor da covid celebrarémolo de maneira virtual.

A fraga do meu avó

 O pasado martes, por cortesía de Afundación, desfrutamos da obra de Mamá Cabra "A fraga do meu avó"

Para concienciar da problemática dos bosques autóctonos e dos espazos naturais, nace este traballo, cheo de poesía, música e ilustracións para chegar ao corazón de todos e de todas, para que os nenos e as nenas sigan gozando de espazos de vida coma este. Espazos que tan ben coidaron os noso avós.


 Que ben o pasamos!!!

14 de decembro de 2020

Unha visita sorpresa

A que non sabedes quen veu esta mañá?

Si, si, o mismísimo Papá Noel que quería comprobar como se portan no cole os Pequerrech@s


E, por suposto, quedou todo satisfeito porque todos e todas... se portan de marabilla!



 

13 de decembro de 2020

Xa chega o Nadal

Aínda que este é un ano especial por motivo da covid, non nos resistimos a decorar, con todas as precaucións, o cole. Por iso vos pedimos que nos enviásedes unha foto das vosas árbores de Nadal para engalanar os nosos corredores. 

E aquí están todas. Moitas grazas pola vosa colaboración!!! 



Se as queredes ver con máis detalle só tedes que premer aquí.

Certame de Postais de Nadal 2020

Xa estamos a recibir as vosas tarxetas para o concurso de postais de Nadal.

De entre todas elas, xunto coas dos compañeiros de primaria, elixiremos a que se utilizará para felicitar as Festas a toda a comunidade educativa. Tarefa difícil porque todas son preciosas. Cal resultará gañadora?

 


 



Podedes ver todas as tarxetas premendo aquí.

Colorín Colorado: Os nosos contos favoritos

Os Pequerrech@s de 4º de Infantil rematamos Colorín Colorado, o noso proxecto do primeiro trimestre, compartindo os nosos contos favoritos.

A Sabela gústalle Pocoyó e o seu amigos Pato, Nina e, sobre todo, Elly.

O favorito de Rober é este recompilatorio de contos e, de todos eles, o que máis lle gusta é El dinosauro feo.


O conto de Sandy la jirafa relata ao seu día a día no Zoo. É o favorito de Omar.


 A Mateo gústalle moito Mickey.


E a Eric chistanlle máis
os súper heroes e, de entre todos eles, Spiderman.


Ian prefire un clásico, Pedro y el lobo.


E Manuel, El Rey León.



Lucía elixiu a unha amiga do polo Pepe, La Rana Ramona.


Que produtos ou alimentos dannos os animais da granxa? Ara descóbreo en La granja


 A Gaia encántanlle as heroínas valentes como Daniela y las chicas pirata,
un fermoso conto sobre o poder das nenas e a amizade.


 O conto que máis lle gusta a Iván é Sentimientos.
Con este libro aprende a comunicar, recoñecer e medir os seus sentimentos xa inclúe un sentimientómetro co que pode debuxar e sinalar o seu estado de ánimo en cada momento.


E o elexido de Xiana é outro conto que nos gusta a todos, Buscando a Nemo.


 


12 de decembro de 2020

Os sete cabritos

As alumnas e alumnos de 6º de infantil fixeron  o conto dos “7 cabritos” coa profe Pili. Levoulles moito traballo. Primeiro organizaron na pizarra o reparto de tarefas por grupos. Había que decidir que personaxes e paisaxes se facían e cales elexía  cada nena e cada neno. Despois  debuxaron, pintaron, recortaron e puxeron o nome a cada personaxe. So faltaba poñer o título na portada e por último poñer os nomes e “fotos” de cada un dos autores do conto.

Aí tendes o resultado final. Espectacular. Traballo en equipo. Orgullosa desta clase e desta profe. Parabéns.