As alumnas e alumnos de 6º de infantil fixeron o conto dos “7 cabritos” coa profe Pili. Levoulles moito traballo. Primeiro organizaron na pizarra o reparto de tarefas por grupos. Había que decidir que personaxes e paisaxes se facían e cales elexía cada nena e cada neno. Despois debuxaron, pintaron, recortaron e puxeron o nome a cada personaxe. So faltaba poñer o título na portada e por último poñer os nomes e “fotos” de cada un dos autores do conto.
Aí tendes o resultado final. Espectacular. Traballo en equipo. Orgullosa desta clase e desta profe. Parabéns.
Ningún comentario:
Publicar un comentario