Entre vós e nós xa está todo dito.
Soamente podemos dicir unha vez máis, GRAZAS e ata sempre!
Outra xeración de Pequerrech@s que se nos vai.
Naida, Fer, Ali, Manu, Brais, Sergio, Fabián, Claudia, Clara, Aarón, Óscar, Noa...
...voade alto, tan alto como vos permitan os vosos soños.
Por fin rematou o curso e xa somos graduadas e graduados!
Puxémonos moi elegantes cos birretes que fixemos na casa coas nosas familias. A ocasión ben o merecía!
Mirade que guapas e guapos quedamos!
Chegou o verán e con el calor...así que puxemos roupa fresquiña coas pernas e brazos ao aire, tomamos o sol, organizamos un picnic e desfrutamos como nunca do parque infantil do cole!!!
Bo verán, familias!!!
Estos últimos días do curso , queremos celebrar os aniversarios dos Pequerrech@s que cumplen anos no verán.
Na aula de 6º de Infantil, agasallamos a Óscar, Naida, Fernando e Sergio.
E na aula de 4º de Infantil fesexamos a Lucía e a Ian.
Parabéns, Óscar, Naida, Fernando e Sergio!!!
Parabéns, Lucía e Ian!!!
Na aula de 6º de Infantil estivemos estes días implicados no coidado duns vermes de seda que nos regalou a profe Lupe ata ver a súa metamorfose completa.
Primeiramente poñémolos nunha caixa de zapatos con buracos, dámoslles follas de morera para poder alimentarse e esperamos a que as larvas empecen a crecer.
29 días despois da eclosión dos ovos, a primeira oruga está a fabricar o capullo para dar o paso de oruga a bolboreta.
Agora temos varios capullos de cor amarela e ao cabo de varios días empezan a aparecer as primeiras bolboretas.
Despois de aparearse a bolboreta femia xa puxo unha chea de ovos.
Que sorte tivemos de poder gozar desta experiencia tan enriquecedora!!
Na aula de 5º de Infantil estamos a descubrir as Marabillas da Natureza e días atrás realizamos un experimento na aula para comprobar como se esperta un volcán e entra en erupción.
Modelamos con plastilina un volcán e realizamos no centro un buraco do que sairá a lava.
Botamos dentro do buraco bicarbonato sódico e un pouco de auga osixenada, xabón líquido e colorante alimentario para dar cor a lava e, finalmente, vertemos un pouco de vinagre para crear unha reacción co bicarbonato e o volcán entre en erupción.
Foi moi interesante e divertido.
Para un neno ou nena, o seu nome contén un valor afectivo moi importante: perténcelle e acompañaralle toda a súa vida polo que, a nivel escrito, non pode haber nada máis próximo e significativo para eles que o seu propio nome.
Na aula de 4º de Infantil estamos realizando estas últimas semanas actividades en torno ao recoñecemento do propio nome e o dos compañeiros.
Estos son os aniversarios de maio.
Na aula de 6º celebramos o aniversario de Alicia.
Parabéns, Daniel!!!
Parabéns, Gaia!!!
Parabéns, Xiana!!!
Este ano 2021, a Real Academia Galega adícalle o Día das Letras Galegas a escritora Xela Arias.
Os nenos e nenas de Infantil e Primaria queremos rendirlle homenaxe con este vídeo. As imaxes as presentan os Pequerrech@s de Infantil e as voces son de todos os cursos de Primaria.
Esperamos que vos guste.
Aquí tedes como rematamos o mural cos debuxos de Xela Arias nun estilo Pop Art.
E si queredes saber máis de Xela Arias nesta ligazón do Seminario Galán tedes moitas actividades en liña sobre a súa vida e a súa obra.
http://seminariogalan.org/inicio/2021/actividades
https://view.genial.ly/6032a173e83a900d217a8923
Seguimos dando pasiños no mundo da robotica.
Na aula de 5º de Infantil siguen realizando diferentes actividades con Codey Rocky.
E na aula de 4º de Infantil están coñecendo ao robot mouse.
Polo
de agora estan a descubrir o seu funcionamento, como se acende, como se
apaga ou como se move a través dos seus botóns. E están entusiasmados!!!
Xa sabedes que as nenas e nenos de 6º de infantil están moi interesados polo mundo da ciencia. Así que co gallo da unidade didáctica: “planeta azul”, na que aprendemos a importancia da auga na vida do noso planeta, decidimos levar a cabo diferentes experimentos no que a protagonista era a auga.
EXPERIMENTO 1. ESTADOS DA AUGA.
Collemos dúas botellas de auga. Metemos unha botella de auga no conxelador do cole e formulamos hipóteses do que sucedería. Despois comparamos características (temperatura, textura, peso) da auga en ambas botellas. Deixamos desconxelar e comprobamos o tempo que tardaba en facelo. Volvemos comparar a auga das dúas botellas de auga.
EXPERIMENTO 2. FLOTAN?
Usamos unha gabeta con auga. Metemos dentro dela diferentes obxectos e formulamos hipóteses sobre que sucedería. Cales flotarían e cales afundirían. Comprobamos.
EXPERIMENTO 3. EQUILIBRIO.
Usamos un tarro de cristal con tapa, porcas (tuercas), rollas(corchos) e unha gabeta con auga.
Introducimos as porcas no fondo do tarro de cristal. Enriba puxemos as rollas. Pechamos a tapa. Metemos o tarro na gabeta con auga. Fixemos hipóteses se flotaría en equilibrio ou volcaría. Comprobamos.
Despois introducimos as rollas no fondo do tarro e as porcas enriba. Volvemos facer hipóteses. Comprobamos.
EXPERIMENTO 4. AUGA DOCE/ SALGADA. LIMÓN/ OVO.
Collemos dous envases. Un con auga doce ( con sucre ) e outro con auga salgada (con sal). Introducimos un ovo e un limón no primeiro envase. Fixemos hipóteses sobre que pasaría. Comprobamos. Despois fixemos o mesmo no envase de auga salgada. Volvemos facer hipóteses. Comprobamos.
EXPERIMENTO 5. DIFERENTES CAPAS.
Enchemos unha xerra con: auga, aceite, mel e alcol. Botamos diferentes obxectos dentro da xerra. Fixemos hipóteses. Comprobamos. Cada obxecto quedaba en diferentes capas.
Coa chegada da primavera, todos os cursos temos unha sesión práctica de xardinería.
Este ano decidimos sementar perexil así que preparámonos para a plantación reutilizando os vasiños de iogur da merenda.
Primeiro botamos a terra, logo esparexemos as sementes de perexil e tapamos cun pouquiño máis de terra
Botámoslles un chorriño de auga, puxémolas onde lles dese boa luz e....
Este é o resultado despois de dúas semanas.
Tedes as fotos premendo aquí.
Os nenos e nenas de 4º de Infantil estamos a traballar no proxecto da granxa, os animais domésticos e a horta.
Tamén investigamos sobre a orixe dos alimentos e algúns temos a sorte de poder observalo directamente.
Canto aprendemos!
Neste mes de abril, Artai cumpliu cinco anos e o celebrou con todos os compañeiros.
Parabéns, Artai!!!
As Maravillas da Natureza e o proxecto no que estamos a traballar os nenos e nana de 5º de Infantil. Estamos investigando sobre os distintos tipos de espazos naturais que podemos atopar no noso planeta.
Estes días estivemos elaborando un xardín vertical cheo de frores e outras plantas aromáticas e tamén fabricamos un ambientador floral con menta. Como recendía!!!
Os nenos e nenas de 6º de Infantil estamos investigando sobre o noso planeta azul, as paisaxes húmidas e áridas, o mar, os ríos, os animais acuáticos...
E tamén fomos quen de construír un pau de choiva para poder chamala cando nos sexa necesaria.
As alumnas e alumnos de 6º de Infantil tivemos unha fantástica sorpresa: os rapaces de Polo Correo do Vento, co gallo da celebración do SALÓN DO LIBRO, viñeron contarnos un conto moi divertido.
O conto titulábase: "A pita Agapita".
Como nos gustou e que ben o pasamos!
Esperamos que vos guste!
Este xoves, por cortesía da editorial SM, gozamos dunha sesión de animación a lectura con Sabela Gago.
Que ben o pasamos coas suás historias!!!
Moitas grazas, Sabela!!!
Os nenos e a nena de 5º de Infantil están traballando estes días con Codei Rocky, o noso robot.
Mirade que ben o pasan.
Aquí tedes os aniversarios do mes de marzo.
E 6º de Infantil celebramos o aniversario de Manuel.
Parabéns, Matías!!!
Parabéns, Éric!!!
Parabéns, Roberto!!!