12 de maio de 2021

Proxecto Planeta Azul: experimentos con auga

Xa sabedes que as nenas e nenos de 6º de infantil están moi interesados polo mundo da ciencia. Así que co gallo da unidade didáctica: “planeta azul”, na que aprendemos a importancia da auga na vida do noso planeta, decidimos levar a cabo diferentes experimentos no que a protagonista era a auga.

EXPERIMENTO 1. ESTADOS DA AUGA.

Collemos dúas botellas de auga. Metemos unha botella de auga no conxelador do cole e formulamos hipóteses do que sucedería. Despois comparamos características (temperatura, textura, peso) da auga en ambas botellas. Deixamos desconxelar e comprobamos o tempo que tardaba en facelo. Volvemos comparar  a auga das dúas botellas de auga.


EXPERIMENTO 2. FLOTAN?

Usamos unha gabeta con auga. Metemos dentro dela diferentes obxectos  e formulamos hipóteses sobre que sucedería. Cales flotarían e cales afundirían. Comprobamos.


EXPERIMENTO 3. EQUILIBRIO.

Usamos un tarro de cristal con tapa, porcas (tuercas), rollas(corchos) e unha gabeta con auga.

Introducimos as porcas no fondo do tarro de cristal. Enriba puxemos as rollas. Pechamos a tapa. Metemos o tarro na gabeta con auga. Fixemos hipóteses se flotaría en equilibrio ou volcaría. Comprobamos. 

Despois introducimos as rollas no fondo do tarro e as porcas enriba. Volvemos facer hipóteses. Comprobamos.


EXPERIMENTO 4. AUGA DOCE/ SALGADA. LIMÓN/ OVO.

Collemos dous envases. Un con auga doce ( con sucre ) e outro con auga salgada (con sal). Introducimos un ovo e un limón no primeiro envase. Fixemos hipóteses sobre que pasaría. Comprobamos. Despois fixemos o mesmo no envase de auga salgada. Volvemos facer hipóteses. Comprobamos. 


EXPERIMENTO 5. DIFERENTES CAPAS.

Enchemos unha xerra con: auga, aceite, mel e alcol. Botamos diferentes obxectos dentro da xerra. Fixemos hipóteses. Comprobamos. Cada obxecto quedaba en diferentes capas.


 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario