As alumnas e alumnos
de 6º de infantil quixemos celebrar o “día da muller e a nena na ciencia”
levando a cabo dous experimentos.
O primeiro deles:
“CHUVIA DE CORES”, requiriu dous intentos e nin así se conseguiu de todo. È o
que ten ser científico, non sempre se acadan os resultados.
No primeiro
intento utilizamos: un vaso grande transparente con auga, aceite, colorante
alimentarios de varias cores (azul, amarelo, vermello e verde) e sal. O
resultado foi unha chuvia verde...
No segundo
intento utilizamos: unha xerra de cristal transparente, catro vasos pequenos
transparentes, colorantes alimentarios das mesmas cores, espuma de afeitar e
goteiros. O reultado foi unha espuma de cores, nin rastro de chuvia...
O segundo
experimento chámase: “ARCO DA VELLA
LÍQUIDO”. Foi un éxito total. Utilizamos: un vaso grande, un vaso pequeno,
colorante alimentario ( amarelo, vermello, azul, e verde), mel, lava vaixelas,
aceite e alcol.