13 de febreiro de 2021

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia: Aula de 6º

 As alumnas e alumnos de 6º de infantil quixemos celebrar o “día da muller e a nena na ciencia” levando a cabo dous experimentos.

O primeiro deles: “CHUVIA DE CORES”, requiriu dous intentos e nin así se conseguiu de todo. È o que ten ser científico, non sempre se acadan os resultados. 

No primeiro intento utilizamos: un vaso grande transparente con auga, aceite, colorante alimentarios de varias cores (azul, amarelo, vermello e verde) e sal. O resultado foi unha chuvia verde...

No segundo intento utilizamos: unha xerra de cristal transparente, catro vasos pequenos transparentes, colorantes alimentarios das mesmas cores, espuma de afeitar e goteiros. O reultado foi unha espuma de cores, nin rastro de chuvia...


O segundo experimento  chámase: “ARCO DA VELLA LÍQUIDO”. Foi un éxito total. Utilizamos: un vaso grande, un vaso pequeno, colorante alimentario ( amarelo, vermello, azul, e verde), mel, lava vaixelas, aceite e alcol.



Ningún comentario:

Publicar un comentario