8 de marzo de 2017

8 de marzo: Día da Muller

Un ano máis celebramos o Día Internacional da Muller para conmemorar a súa loita pola igualdade en prol dunha sociedade máis xusta. E tod@s temos que tomarnos moi en serio a educación en igualdade porque aínda que levamos moito camiño andado queda bastante treito por percorrer. 

Non hai cores de nenos e de nenas, non hai xoguetes de nenos e de nenas, non hai traballos de nenos e de nenas... e @s Pequerrech@s, que traballamos a igualdade todos os día do curso, festexamos esta data realizando diversas actividades, entre elas estes murais que engalanan estes días o noso corredor.

As mulleres máis importantes das nosas vidas:





 
Todas podemos ser o que imaxinemos!





Tamén cantamos con Andaluna e Samir



Gústanos un montón SuperLola



E pasámolo xenial con este contiño "Una feliz catástrofe"






Ningún comentario:

Publicar un comentario