A motricidade refírese a todos os movementos que de maneira coordinada e voluntaria realiza o neno con pequenos e grandes grupos de músculos. Estes movementos constitúen a base para adquirir o desenvolvemento das áreas cognitivas e da linguaxe.
Os nenos desenvolven dous tipos de motricidade á vez: a fina e a grosa.
A motricidade grosa involucra movementos amplos e polo tanto a grandes grupos de músculos. Garda relación coa coordinación xeral, o ton muscular, o equilibrio do corpo, a posición, axilidade, forza. etc.
A motricidade grosa é unha parte moi importante do desenvolvemento infantil, posto que para o futuro desenvolvemento da motricidade fina é necesaria unha boa base de motricidade grosa. Só un neno que desenvolve suficientemente a súa motricidade grosa será capaz de aprender sen problemas as habilidades propias da motricidade fina como escribir ou atarse os amallós dos zapatos.
O desenvolvemento motor groso en nenos de 3 a 6 anos debe incluír: maior habilidade para correr, brincar, facer os primeiros lanzamentos e patear, habilidade para atrapar unha pelota que rebota, para pedalear nun triciclo, para camiñar apoiando desde o talón ata as dedas, para brincar nun pé...
Nesta ligazón tedes máis información:
http://www.educapeques.com/escuela-de-padres/psicomotricidad-gruesa-tener-el-control-del-cuerpo.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario