31 de xaneiro de 2018

30 de Xaneiro: Día Escolar da Non Violencia e a Paz

O 30 de xaneiro celebramos o día escolar pola paz e non violencia. Os Pequerrech@s, no noso corredor, elaboramos un mural cunha fermosa pomba da Paz chea de cores de vida.



No recreo, os compañeiros de 1º e 2º de primaria nos convidaron a uns "batidos pola paz" que estaban ben gustosos.


Despois do recreo, xuntámonos no ximnasio para escoitar un kamishibai contado polos compañeir@s de 5º de primaria e cantamos a canción de Efecto Pasillo "Imagina"



E para rematar, colaboramos coas nosas vagalumes no mural do corredor principal "Vagalumes pola Paz"



Tedes as fotos premendo aquí.

Proxecto "As Profesións": Perruqueira

Hoxe martes Tamara, a mamá de Anxo, veu contarnos en que consiste o seu traballo. No salón de peiteado curta e arranxa o pelo desde nenos moi pequenos ata persoas maiores. 


Con todos os útiles que necesita: secador, capa, cepillos e tesoiras de diferentes clases, peites, cortapelos, gomina... hoxe fíxonos unha demostración peiteando e cortando o pelo a algúns dos Pequerrech@ s (e a algunha profe tamén) 


Pasámolo xenial!!! 
Grazas Tamara por compartir estos momentos con todos nós!


Podedes ver as fotos premendo aquí.

Proxecto "As Profesións": Policía Local

Como xa sabedes na aula dos maiores estan realizando un proxecto sobre as profesións. Estes días recibirán as visitas dalgúns papás e mamás que contarán como é o seu traballo. Os Pequerrech@ s de tres anos e os compañeiros de 1º e 2º de primaria tamén están convidados.
Este luns Juan José, o pai de Breixo, volveu ao cole pero non para contarnos un conto como fixera o curso pasado, senón para falarnos do seu traballo: policía local. 


Acompañado por Chase, da Patrulla Canina, tróuxonos unha chea das cousas que necesita para o seu traballo: porra, lanterna, luvas, chifre, grilletes, chaleco reflector, o casco para ir na moto...


Ensinounos como fala coa súa emisora a través do equipo de radiocomunicacións, explicounos como utilizan o lector de microchips para identificar cans extraviados, contounos como regulan o tráfico á entrada e saída dos colexios...


Fixo un control de alcoholemia, ensinounos como funcionan os  equipos PDA para tramitar as multas de tráfico... e deixounos probar o seu chaleco antibalas e a súa gorra!!!



Moitísimas grazas Juan José por esta charla tan interesante, entretida e divertida. Con experiencias como esta, canto se aprende!  

Podedes ver máis fotos premendo aquí.

27 de xaneiro de 2018

Traballamos as emocións

Como sabedes, os Pequerrech@s estamos traballando co proxecto SonRisas que aposta firmemente pola educacion emocional porque está comprobado que os nenos emocionalmente sans aprenden mellor.


Lograr que o neno poña nome ás súas emocións e poida recoñecer o que sente, axudaralle a coñecerse e a comunicarse mellor cos demais, o que influirá positivamente no seu proceso de aprendizaxe.

Ademais de Pam, Mina e Turi, as nosas mascotas,  hai outro personaxe que lles encanta e que tamén está a axudarlles unha chea na xestión das súas emocións: O Monstro de Cores.
Na aula de tres anos fixemos un mural coas nosas emocións preferidas

Na aula de catro e cinco anos tamén remataron un mural no que levaban días traballando.


Tedes  máis información no blogue da porfe Belén: https://aprofebelen.blogspot.com.es/

Si queredes recordar o conto, Aula de Elena fixo unha magnífica versión



24 de xaneiro de 2018

Xogamos co ratiño Pérez


Así como na aula de 4 e 5 anos levan semanas traballando  coa súa abelliña Bee- Bot, na de 3 anos teñen tamén o seu robot: un ratiño pequerrecho e azul ao que, en canto o viron, puxéronlle nome. O ratiño Pérez está a espertar a súa curiosidade polo mundo da robótica. Con el iniciaranse nas linguaxes de programación de maneira natural e lúdica.

 
Polo de agora estan a descubrir o seu funcionamento, como se acende, como se apaga ou como se move a través dos seus botóns. E están entusiasmados!!!

Que ben o pasamos con Bee-Bot!!!

Este curso, a través de noso PDI "O meu amigo o robot" accedemos a contidos curriculares dunha maneira diferente. A robótica chegou para quedar!
Na aula dos Pequerrech@s de 4 e 5 anos, a profe Belén exponlles diferentes actividades para unha aprendizaxe significativa baseada no xogo e eles pásano xenial con Bee-Bot.
Podédelo comprobar nesta ligazón:
https://aprofebelen.blogspot.com.es/2018/01/imos-de-compras-co-bee-bot.html 

Pequerrech@s de 4 e 5 anos: excelentes usuarios da Biblio do Checho

Desde o curso pasado os Pequerrech@s son usuarios de pleno dereito da Bibilo do Checho. Os maiores de 4 e 5 anos todas as semanas utilizan o sistema de préstamo e levan a casa un libro para poder lelo en familia e logo facer un precioso debuxo da parte que máis lles gustou. Son uns excelentes usuarios e así o teñen recoñecido no blogue da Biblio. Parabéns!


 http://dinamizacioncarballeira.blogspot.com.es/2018/01/prestamo-na-biblioteca.html

Mochilas viaxeiras: Isabel, Anxo e Carmen

Así de felices están Isabel, Anxo e Carmen porque as mochilas viaxeiras van estar estes días nas súas casas e poderán desfrutar delas xunto coas súas familias.


20 de xaneiro de 2018

Pam vai de visita

Esta fin de semana vai ser especial na casa de David. Pam estará alí de visita e o pasarán sensacional.


Visitamos CLESA

Hoxe fómonos ata Caldas para visitar CLESA, unha empresa pertencente a Agrupación de Cooperativas lácteas, que elabora os seus produtos con leite 100% galego.



 Ao chegar estaban a esperarnos os integrantes de "Polo correo do Vento" que se encargaron de explicarnos dunha maneira moi lúdica tanto o ciclo do leite como o traballo diario desta fábrica, aínda que por hixiene e precaución soamente puidemos observar as máquinas a traves das xanelas.



 Fixemos un pequeno obradoiro de debuxo e seguindo paso a paso as instruccións nos ensinaron a dibuxar unha vaca dunha maneira moi fácil. Deseguida merendamos unhas cremas bombóns deliciosas.
Para rematar agasalláronnos cunha bolsa con diversos produtos lácteos máis o libro "Da granxa á merenda"


Neste video podedes  mirar algúns dos momentos desta estupenda visita



Pequerrech@s da Carballeira: Visita a Clesa from Educación Infantil on Vimeo.
  
Tedes as fotos premendo aquí.

17 de xaneiro de 2018

O inverno xa chegou

Mentres os maiores pescudan sobre as profesións, os Pequerrech@s de tres anos están a aprender moitas cousas sobre o inverno: investigan, debuxan, xogan...e recitan.

Pequerrech@s da Carballeira: O inverno from Educación Infantil on Vimeo.

Proxecto "As profesións"

Estes días os Pequerrech@s de 4 e 5 anos están a traballar no proxecto "As profesións".  
Coas inestimables aportacións das familias, investigando, traballando, xogando... as nenas e nenos están a aprender moitísimas cousas. Podedes comprobalo no blogue "A profe Belén": https://aprofebelen.blogspot.com.es/  

15 de xaneiro de 2018

Gústanos o leite!!!

Como en cursos pasados, este tamén participamos no programa "Aliméntate ben" das Consellerías de Medio Rural e do Mar, esta vez na modalidade "Lácteos na escola" que ten por obxecto o fomento do consumo de produtos lácteos.
 

Grazas a axuda recibida do Fondo Galego de Garantía Agraria, durante catro semanas no recreo poderemos degustar o leite, un alimento que os Pequerrech@s coñecemos ben xa que o curso pasado foi o eixo do noso Proxecto Documental Integrado.
http://infantilcarballeira.blogspot.com.es/2017/06/presentamos-o-noso-pdi-os-lacteos.html 

Tedes máis información no blogue "O murmurio das palabras"
http://dinamizacioncarballeira.blogspot.com.es/2018/01/lacteos-na-escola.html

Tamén podedes xogar coa vaca Lucy, na web "Lucy y la pandilla láctea", premendo na imaxe

http://lucydisfrutaconloslacteos.es/juegos/juegoGranjaLucy/


E para rematar...a cantar!!!



14 de xaneiro de 2018

Pam vai de visita


Despois das vacacións de Nadal, Pam volve ir de visita a casa dos nosos Pequerrech@s e esta vez tócalle a quenda a Jose.
Seguro que o pasarán de marabilla!

10 de xaneiro de 2018

Mochilas viaxeiras: Álex, Iago e Lucas

Continua a andaina das mochilas viaxeiras. Esta vez son Álex, Iago e Lucas os que as levaron para as súas casas.


Esperamos que o pasedes moi ben con elas.

Feliz aniversario Lucía!!!


Este Nadal Lucía, a máis pequeniña dos Pequerrech@s, estivo de aniversario.

Como quería festexalo con todos, hoxe trouxo unhas galletas riquísimas para agasallar aos compañeiros. Moitas grazas!
Parabéns Lucía!!!

Novo ano, novos agasallos


Este luns, cando volvemos das vacacións, tiñamos unha sorpresa esperándonos non cole. Como nos portamos tan ben e traballamos tanto os Reis deixáronnos uns agasallos.

Que sorte tivemos!!! Grazas Reis!!!