31 de xaneiro de 2018

Proxecto "As Profesións": Policía Local

Como xa sabedes na aula dos maiores estan realizando un proxecto sobre as profesións. Estes días recibirán as visitas dalgúns papás e mamás que contarán como é o seu traballo. Os Pequerrech@ s de tres anos e os compañeiros de 1º e 2º de primaria tamén están convidados.
Este luns Juan José, o pai de Breixo, volveu ao cole pero non para contarnos un conto como fixera o curso pasado, senón para falarnos do seu traballo: policía local. 


Acompañado por Chase, da Patrulla Canina, tróuxonos unha chea das cousas que necesita para o seu traballo: porra, lanterna, luvas, chifre, grilletes, chaleco reflector, o casco para ir na moto...


Ensinounos como fala coa súa emisora a través do equipo de radiocomunicacións, explicounos como utilizan o lector de microchips para identificar cans extraviados, contounos como regulan o tráfico á entrada e saída dos colexios...


Fixo un control de alcoholemia, ensinounos como funcionan os  equipos PDA para tramitar as multas de tráfico... e deixounos probar o seu chaleco antibalas e a súa gorra!!!



Moitísimas grazas Juan José por esta charla tan interesante, entretida e divertida. Con experiencias como esta, canto se aprende!  

Podedes ver máis fotos premendo aquí.

1 comentario:

  1. Gran profesional y mejor persona. Una suerte q los niños hayan podido aprender de él

    ResponderEliminar