Así como na aula de 4 e 5 anos levan semanas traballando coa súa abelliña Bee- Bot, na de 3 anos teñen tamén o seu robot: un ratiño pequerrecho e azul ao que, en canto o viron, puxéronlle nome. O ratiño Pérez está a espertar a súa curiosidade polo mundo da robótica. Con el iniciaranse nas linguaxes de programación de maneira natural e lúdica.
Polo de agora estan a descubrir o seu funcionamento, como se acende, como se apaga ou como se move a través dos seus botóns. E están entusiasmados!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario