30 de abril de 2019

Cóntame un conto: El gran, gran, gran dinosaurio

Este martes foi Ana, a nai de Evelio, a nosa contacontos cunha historia divertidísima: "El gran, gran, gran dinosaurio".


Mentres o pequeno dinosauro Finlay conta tranquilamente as súas gominolas, para facer a repartición entre o seu amigo e el, un malhumorado dinosauro moito máis grande e feroz (e bastante fanfarrón) tenta intimidarlle. 




"El gran, gran, gran dinosaurio" é un conto super divertido sobre a importancia do valor de compartir e ser xenerosos e tamén o aprender a respectar aos demais e a non abusar deles.


Moitas grazas, Ana!!!



Tedes as fotos premendo aquí.

Feliz aniversario Uxío!!!

Na aula dos maiores houbo celebración, Uxío xa ten seis anos e quixo festexalo cos seus compañeiros.



Parabéns Uxío!!!

29 de abril de 2019

Cóntame un conto: Cornelio.

Continuamos coas actividades programadas para o Mes do Libro e esta semana contamos coa colaboración das familias para realizar unha das favoritas d@s Pequerrech@s.
Hoxe Alfonso, o pai de Mauro e Fabián, veu contar  "Cornelio".




Cando se abriron os ovos, os crocodilos reptaron ata a beira do río. Pero Cornelio púxose en pé e foi o único que camiñou erguido sobre as súas patas traseiras... 


A historia de Cornelio, como todas as obras de Leo Lionni, convida a pensar e aprender importantes leccións vitais. O valor da diferenza, a comprensión e o respecto a quen non actúa segundo as convencións establecidas, ademais do esforzo que require a aprendizaxe, reflíctense neste clásico da literatura infantil. 





Moitas grazas, Alfonso!!!



Podedes ver as fotos premendo aquí.

Feliz aniversario Ian!!!

Ian ten xa seis anos e así de feliz o celebrou con todos os seus compañeiros.



Parabéns Ian!!!

26 de abril de 2019

Mochilas viaxeiras: Joel

Hoxe tocoulle a Joel a quenda de levar a mochila viaxeira a súa casa. Esperamos que desfrutedes de bos momentos de lectura compartida en familia.

As nosas mascotas van de visita

Esta fin de semana Pam e Mina visitan as casas de Fabián e de Jose. De certo que o pasarán estupendamente!

Abril, mes do libro

O 23 de abril celébrase en todo o mundo o Día Internacional do Libro e no noso cole estamos a celebrar durante todo o mes esta data tan importante.

Este venres os nenos e nenas de segundo de primaria estiveron na aula dos Pequerrech@s de tres anos para contarlles unha morea de contos.



Que ben o pasaron!!!

Moitas grazas compañeir@s!!!

"VI Certame Fotográfico"

Xa estamos a recibir as primeiras fotografías para o VI Certame Fotográfico.
Animádevos a participar, aínda estades a tempo.

 


Podedes enviar as vosas fotos ata o 3 de maio ao e-mail: bibliotecadochecho@gmail.com.

25 de abril de 2019

Guyi-Guyi

Este xoves os Pequerrech@s fomos ao auditorio de Afundación en Pontevedra para gozar da obra Guyi-Guyi de Periferia Teatro. 

Guyi-Guyi é un crocodilo que por azar foi nacer nunha familia de parrulos. Vive feliz con eles ata que un día topa con outro crocodilo. Cando se decata de que os crocodilos comen parrulos, o noso protagonista pasará por diferentes dificultades para conseguir ser el mesmo... 
Esta obra é unha adaptación libre do conto O parrulo feo, pero a diferenza do pato que logo se torna en cisne, o noso protagonista é un "coco-pato", o será sempre e aínda así será moi querido pola familia de patos que o acolle, coma se fose un máis deles. 



A obra encantounos e, ao finalizar, todos puidemos saudar e acariñar a mamá pata. Foi unha mañá estupenda!!!


12 de abril de 2019

Xogando con xeoplanos

Os xeoplanos son un recurso didáctico moi interesante para traballar a xeometría, porque nos serven para introducir os conceptos xeométricos de forma manipulativa. 
Esto permite unha maior comprensión de toda unha serie de termos abstractos, que moitas veces  os nenos e nenas non entenden ou xeran ideas erróneas ao redor deles.



Con eles non só podemos construír formas xeométricas, se non descubrir as propiedades dos polígonos ou mesmo resolver problemas matemáticos, aprender sobre áreas, perímetros,… e aos Pequerrech@s encántanlles! 

Podedes ver as fotos premendo aquí.

11 de abril de 2019

Contos nas orellas

Contos nas orellas é unha actividade que nos achega a compañía Migallas Teatro por cortesía do Concello de Pontevedra. Este xoves, os Pequerrech@s de tres e catro anos gozamos coas súas historias e a súa música.


O coelliño branco, Mi cara, Piñeiro, Cu-cú Tras e A galiña roxa foron os contos musicados cos que pasamos un tempo superdivertido.


 Con Bea e Manuel actuamos, rimos, bailamos...que ben o pasamos!!!

Tedes as fotos premendo aquí.

5 de abril de 2019

Mochilas viaxeiras: Clara, Brais e Fernando

As mochilas viaxeiras están estes días coas familias de Clara, Brais e Fernando.


 Esperamos que pasedes moi bos momentos con elas.

As nosas mascoras van de visita

Esta vez son Sergio, Evelio, Joel e Lucía os que levaron a Pam e a Mina  de visita ás súas casas.

Que ben o pasan as nosas mascotas nas casas dos Pequerrech@s!!!

"VI Certame Fotográfico"

Convocamos o "VI Certame Fotográfico" co tema: "Máquinas, antes - despois", relacionado co PDI deste curso, "Meu amigo o robot 2".



Tedes de prazo para participar ata o venres 3 de maio. Agardamos as vosas fotos!

Máis información no blog da Biblio do Checho:

Salón do Libro: Margarida Botelho

Nesta XX edición do Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra a cultura convidada e a lusofonía.

Unha das súas representantes e a escritora e ilustradora portuguesa Margarida Botelho. Con Mário Rainha Campos desenvolveu o proxecto ENCONTROS e a colección de libros "Poka Pokani" nos que nárranse episodios localizados en diversos continentes que permiten aos nenos coñecer espazos e modos de vida diferentes e as realidades entre nenos do primeiro e do terceiro mundo.

"Eva / Eva" de Mozambique, "Iara / Yara" da Amazonia, " Lia / Lya" de Timor Oriental son as historias coas que os Pequerrech@s de catro e cinco anos gozamos na nosa visita ao Salón.


Lya é unha nena mergulladora que vive no sureste asiático, en Timor Oriental, Lia vive en Europa, en Portugal. 
Yara é unha nena Kayapo que vive nun pobo na Amazonía, en Brasil e Iara é outra cativa, pero que vive nun pobo en Europa.
Eva vive en África, en Mozabique, e Eva é unha pequena que vive en Europa.
Todas inician, en lados opostos do libro, unha viaxe para o encontro!


Canto nos gustaron estes contos! Pasámolo tan ben que cando rematou todos quedamos con ganas de máis!

"A Revolución" no Salón do Libro

Un ano máis abriu as súas portas o XX Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra co tema "A Revolución". 
O título do traballo presentado polo noso cole para participar é "A Revolución" e os Pequerrech@s tamén colaboramos nel.


 O venres fomos visitar o Salón e alí estaba Orbil para recibirnos.


Coma xa somos moitos, as monitoras dividíronnos en dous grupos. Os Pequerrech@s de tres anos desfrutaron dos contos de María Campos.
E os de catro e cinco tivemos como contacontos a escritora e ilustradora portuguesa Margarida Botelho. 


Deseguida as nosas monitoras leváronnos a percorrer os diferentes recunchos do Salón. 


Tamén puidemos admirar a exposición dos traballos presentados polos coles, o noso entre eles.



Que ben o pasamos!!!

 
Non deixedes de visitar a XX edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra!!! 

Tedes as fotos premendo aquí.

Feliz aniversario Manuel e Louay!!!

A semana pasada Manuel e Louay estiveron de aniversario.
Manuel xa ten catro anos e Louay cumpriu cinco.
Así de contentos o celebraron cos seus compañeiros e compañeiras.



Parabéns Manuel!!!
Parabéns Louay!!!

2 de abril de 2019

Fai un aceno polo autismo!

 Hoxe 2 de abril celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.  O movemento asociativo do autismo en España insta á sociedade para “facer un xesto” polo autismo e sumarse á acción viral da campaña “I ∞ autismo.
Os Pequerrech@s tamén queremos sumarnos a #DiaMundialAutismo



E aquí vos deixamos un fermoso vídeo dunha nena que fala desde a súa perspectiva do seu irmanciño autista.