Continuamos
coas actividades programadas para o Mes do Libro e esta semana contamos
coa colaboración das familias para realizar unha das favoritas d@s
Pequerrech@s.
Hoxe Alfonso, o pai de Mauro e Fabián, veu contar "Cornelio".
Cando se abriron os ovos, os crocodilos reptaron ata a beira do río. Pero Cornelio púxose en pé e foi o único que camiñou erguido sobre as súas patas traseiras...
A historia de Cornelio, como todas as obras de Leo Lionni,
convida a pensar e aprender importantes leccións vitais. O valor da
diferenza, a comprensión e o respecto a quen non actúa segundo as
convencións establecidas, ademais do esforzo que require a aprendizaxe,
reflíctense neste clásico da literatura infantil.
Moitas grazas, Alfonso!!!
Podedes ver as fotos premendo aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario