Un
ano máis abriu as
súas portas o XX Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra co
tema "A Revolución".
O título do traballo presentado polo
noso cole para participar é "A Revolución" e os Pequerrech@s tamén colaboramos nel.
O venres fomos visitar o Salón e alí estaba Orbil para recibirnos.
Coma xa somos moitos, as monitoras dividíronnos en dous grupos. Os Pequerrech@s de tres anos desfrutaron dos contos de María Campos.
E os de catro e cinco tivemos como contacontos a escritora e ilustradora portuguesa Margarida Botelho.
Deseguida as nosas monitoras leváronnos a percorrer os diferentes recunchos do Salón.
Tamén puidemos admirar a exposición dos traballos presentados polos coles, o noso entre eles.
Que ben o pasamos!!!
Non deixedes de visitar a XX edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra!!!
Tedes as fotos premendo aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario