23 de xuño de 2019

E chegou o momento...

E chegou o momento de deixar voar outra xeración de Pequerrechos e, por suposto, de lembrar os grandes e pequenos momentos que pasamos xuntos.



E para as familias de Adrián, Ánxo, Breixo, Dante, Eder, Iago, Ian, Manuel, Mauro, Pablo, Uxío e Xabi o noso agradecemento polo voso apoio, pola vosa implicación, pola vosa colaboración, pola vosa confianza, polo voso agarimo...
Moitísimas grazas!!!

Fin de curso!!!

Este venres finalizou o curso e para celebralo fixemos unha gran festa.
Para comezar, na biblioteca, os nenos e nenas de segundo de primaria representaron para nós unha obriña de teatro sobre un bebé bastante chorón


Logo, no patio, tivemos unha merendola na que estaba todo delicioso.  


Axiña, co resto do cole, reunímonos no ximnasio para a graduación dos alumnos e alumnas que rematan etapa educativa.


Decontado os Pequerrech@s de cinco anos, ataviados de barretes e becas,  recibiron as súas orlas e deseguida visionamos o vídeo do seu paso pola Educación Infantil.
E por último, a entrega de orlas e o visionado do video cun resumo do paso polo cole dos nenos e nenas que acaban a Primaria.

 
Adrián, Ánxo, Breixo, Dante, Eder, Iago, Ian, Manuel, Mauro, Pablo, Uxío e Xabi finalizan a Educación Infantil e o curso que ven xa non formarán parte dos Pequerrech@s da Carballeira. Moita sorte para eles na Educación Primaria!!!

Tedes as fotos premendo aquí.

As Formas na Arte

Xa tedes na casa o novo Xornal Escolar.

Os Pequerrech@s participamos cun obradoiro de arte denominado As Formas na Arte. 

O proceso levado a cabo foi o seguinte: presentamos a obra elexida aos nenos e nenas. Comentámola e analizámola: as cores, o debuxo, o espazo... pero sobre todo incidimos nas formas xeométricas que aparecen en cada obra.


Despois damos unha pequena información sobre o autor e a obra. En cada curso decidimos que técnicas e materiais utilizamos priorizando as aportacións dos nenos e nenas respectando as diferentes opinións e contribucións.




Na aula de 5 anos fixemos un collage con traballos individuais aos que cada quen puxo título. A técnica utilizada foi salpicar pintura sobre o papel cunha palliña e logo trazar liñas cunha bóla movéndoa en todas direccións.



Na aula de catro anos utilizamos témpera sobre cartón de celulosa. As técnicas e os materiais utilizados foron diversos: pintado con rodillo, algodón ou pinceis, estampado con esponxa e outros elementos como tapóns, pezas de construcción, materiais de refugallo... O título elixido por votación foi "Playa al amanecer".
Aquí tedes as fotos da elaboración.




Na aula de tres anos non tratamos de facer unha copia senón a nosa propia interpretación.
Os materiais utilizados foron diversos: bloques lóxicos, tapóns de diferentes cores e tamaños, gomets, pezas de construción de madeira, troqueles de cartón, etc. As nenas e nenos buscaron libremente pola clase todo tipo de obxectos que respondesen a un único criterio: ter forma circular.Foron diversas, tamén, as técnicas utilizadas: estampar con témpera, repasar con rotuladores e  colorear con ceras grosas.
Finalmente o título elexido por votación foi: “El espacio exterior”.


Podedes ver o Xornal Escolar completo no blogue da Biblio 

http://dinamizacioncarballeira.blogspot.com/2019/06/xornal-escolar-201819.html

As herbas de San Xoán

Por San Xoán é un costume habitual en toda Galicia recoller na tarde diferentes herbas e flores, botalas en auga e deixalas ao sereno para que collan o orballo co obxectivo de lavarense todos naquela auga pola maña . Estas herbas que teñen propiedades menciñeiras. denomínanse herbas de San Xoán.

Como nesta data xa non estamos no cole, a profe Bego cos seus Pequerrech@s prepararon o ritual por anticipado.


Nunha tina de auga botaron as herbas e deixáronas toda a noite para acadar o poder do Santo. Ao día seguinte pola mañán todos nos lavamos con esta auga milagreira, que, por certo, arrecendía maravillosamente.

 Tedes as fotos premendo aquí.

20 de xuño de 2019

Felices aniversarios!!!

Hoxe festexamos os aniversarios dos Pequerrech@s que cumpren anos no verán.

Na aula dos pequenos, Fernando, Naida, Sergio e Óscar agasallaron aos seus compañeiros e compañeiras da mellor forma: espetas de froitas, biscoito, torta de queixo, petiscos e lambonadas.


Na aula de catro anos foi Lucas o que convidou aos seus compañeiros e compañeiras cunhas galletas deliciosas que axudou a facer na súa casa.



Na aula dos maiores, Pablo, Iago, Manuel e Breixo tamén tiveron a súa festa anticipada.

 
Parabéns a tod@s!!!

Contacontos na Biblio

Todos  os anos os maiores do cole veñen contarnos algún conto durante a Semana das Letras Galegas. 
 Hoxe, Nerea, Carmen e Gabi, de 6º de Primaria, volveron ser os nosos contacontos con "Mi espacio propio", a derradeira historia para despedirse dos Pequerrech@s.




O protagonista deste conto necesita ter o seu espazo propio, pero dáse conta de que estar cos demais tamén é bo. "Mi espacio propio" é un conto que ensina aos nenos que hai que saber convivir.



Moitas grazas compañeri@s e moita sorte na vosa nova andaina pola Educación Secundaria! 

Feliz aniversario Thiago!!!

Esta semana celebramos o aniversario  de Thiago que xa ten cinco anos e quixo compartir con todos unhas lambetadas deliciosas.


Parabéns Thiago!!!

8 de xuño de 2019

A Brigada Helitransportada visita o cole!

Os bombeiros forestais da Brigada Helitransportada do Campiño, en Pontevedra, estiveron este martes no cole. 
Contáronnos que a súa misión é combater os incendios forestais e mostráronnos as ferramentas que usan para iso: as mangueiras, o gorgui, os batelumes...


E fomos bombeiros por un día.


Deseguida faláronnos da
a importancia do coidado do medio ambiente e visionamos uns videos sobre a extinción dos incendios.


Encantounos a visita!!! 

 Tedes as fotos premendo aquí.

6 de xuño de 2019

Feliz aniversario Natasha!!!

Natasha está de aniversario, cumpre cinco anos e para celebralo convidou aos compañeiros e compañeiras a unha torta riquísima e unhas lambetadas deliciosas. Moitas grazas!


Parabéns Natasha!!!

Roteiro pola cidade de Pontevedra

O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, ofrecer este roteiro  para dinamizar o uso da lingua entre os máis pequenos. A actividade busca ligar o uso do noso idioma cos espazos urbanos da cidade e dinamizar os usos orais da lingua galega no ámbito urbano.
 
Roberto, o noso guía, esperábanos na plaza da Peregrina para levarnos pola cidade e contarnos unha chea de cousas curiosas:
por qué a vieira é o símbolo do Camiño...


 ... que a fonte da Ferrería non se atopa na Praza da Ferraría, senón no centro dos Xardíns de Casto Sampedro, que a Praza da Estrela non leva ese nome pola fonte con forma de estrela que hai no medio da praza... 


...que o cruceiro da Praza da Leña non leva aí toda a vida, nin tan sequera un século...



..que existe unha rúa chamada a do Peixe Fritido, que a Pedreira é a praza máis silenciosa de Pontevedra, para qué servían os ferros da fonte dos Tornos... 

Canto aprendemos!

E para rematar a visita, un descansiño para xogar!

https://photos.app.goo.gl/73HxNg32srEYCHHR8



1 de xuño de 2019

As fabas máxicas!!!

Estamos abraiados!!!
Mirade como medraron os nosos feixóns dun día para outro! Case, case igualiño que no conto das Fabas Máxicas!