23 de xuño de 2019

As Formas na Arte

Xa tedes na casa o novo Xornal Escolar.

Os Pequerrech@s participamos cun obradoiro de arte denominado As Formas na Arte. 

O proceso levado a cabo foi o seguinte: presentamos a obra elexida aos nenos e nenas. Comentámola e analizámola: as cores, o debuxo, o espazo... pero sobre todo incidimos nas formas xeométricas que aparecen en cada obra.


Despois damos unha pequena información sobre o autor e a obra. En cada curso decidimos que técnicas e materiais utilizamos priorizando as aportacións dos nenos e nenas respectando as diferentes opinións e contribucións.




Na aula de 5 anos fixemos un collage con traballos individuais aos que cada quen puxo título. A técnica utilizada foi salpicar pintura sobre o papel cunha palliña e logo trazar liñas cunha bóla movéndoa en todas direccións.



Na aula de catro anos utilizamos témpera sobre cartón de celulosa. As técnicas e os materiais utilizados foron diversos: pintado con rodillo, algodón ou pinceis, estampado con esponxa e outros elementos como tapóns, pezas de construcción, materiais de refugallo... O título elixido por votación foi "Playa al amanecer".
Aquí tedes as fotos da elaboración.




Na aula de tres anos non tratamos de facer unha copia senón a nosa propia interpretación.
Os materiais utilizados foron diversos: bloques lóxicos, tapóns de diferentes cores e tamaños, gomets, pezas de construción de madeira, troqueles de cartón, etc. As nenas e nenos buscaron libremente pola clase todo tipo de obxectos que respondesen a un único criterio: ter forma circular.Foron diversas, tamén, as técnicas utilizadas: estampar con témpera, repasar con rotuladores e  colorear con ceras grosas.
Finalmente o título elexido por votación foi: “El espacio exterior”.


Podedes ver o Xornal Escolar completo no blogue da Biblio 

http://dinamizacioncarballeira.blogspot.com/2019/06/xornal-escolar-201819.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario