Todos
os anos os maiores do cole veñen contarnos algún conto durante a Semana
das Letras Galegas.
Hoxe, Nerea, Carmen e Gabi, de 6º de Primaria, volveron ser os nosos contacontos con "Mi espacio propio", a derradeira historia para despedirse dos Pequerrech@s.
O protagonista deste conto necesita ter o seu espazo propio, pero dáse
conta de que estar cos demais tamén é bo. "Mi espacio propio" é un conto que ensina aos nenos que hai que saber convivir.
Moitas grazas compañeri@s e moita sorte na vosa nova andaina pola Educación Secundaria!
Ningún comentario:
Publicar un comentario