31 de outubro de 2019

Vaia troula!!!!

O martes foi un día especial...celebramos o Samaín, e que mellor que cun Magosto. 

O cole estaba cheo de bruxas, vampiros, esqueletos  e mostros arrepiantes que non paraban de xogar, cantar, bailar e dar sustos terroríficos.


O "Contacontos de medo" da profe Begoña foi aterrecedor, pavoroso e divertidísimo.


Logo...a papar castañas asadas e bocadillos de chourizo á brasa. Que ricos!!! 


E, para rematar, xogos populares cos que pasámonolo de medo. 



 Feliz Samagosto!!!

Tedes as fotos premendo aquí.

Preparando o Samaín

Que ben o pasamos preparando o Samaín!

Decorando as portas e os corredores...


Recitando poesías e adiviñas, preparando conxuros...


Decorando arrepiantes cabazas...


E bailando, cantando e contando terroríficos contos.
E para o martes nada mellor que celebralo cun... Samagosto!!!




Moitas grazas, familias, pola vosa colaboración. Tedes as fotos premendo aquí.

26 de outubro de 2019

As nosas mascotas van de visita

Estas últimas fins de semana Lucía, Fabián, Artai, Evelio e Alejandro convidaron a Curtis, Candi e Cora  a coñecer as súas familias.


 
Sabemos que as nosas mascotas o pasan estupendamente cos nosos Pequerrech@s porque fan unha chea de cousas xuntos e divírtense mogollón.
Quen as levará de visita a próxima vez?

24 de outubro, Día da Biblioteca

Esta semana celebramos no cole o Día das Bibliotecas, este ano baixo o lema "Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía".
Se mostraron as liñas de actuación para este curso...


Presentamos as nosas bibliotecas de aula...


E entregáronnos as Mochilas Viaxeiras.


Alexandre, Claudia e David son os primeiros dos Pequerrech@s que poderán entreterse con elas. Agardamos que desfrutedes desta oportunidade de compartir en familia o pracer pola lectura. Non esquezades de botarlle un ollo ao tríptico que as acompaña e de coidar moito o material que conteñen.

 
Desfrutade con elas!!!

22 de outubro de 2019

Como e cando aprenderá a ler e escribir?

A realidade é que non todos os nenos son iguais. Hai nenos que aprenden sen dificultade a ler e escribir, moitos deles inícianse mesmo altamente auto motivados e nestes casos non debe frearse a súa motivación, ao contrario, é unha mostra de que o neno está motriz e psicoloxicamente preparado. 
Outros nenos ven con dificultade esta iniciación, mostrarán rexeitamento ou desinterese e poñerán todo tipo de impedimentos no proceso de ensino e aprendizaxe. Darlles espazo aos nenos para aprender sen sentirse presionados é vital para un bo proceso de lectoescritura

Nestas ligazóns atoparedes información sobre as etapas na adquisición da lectura e a escritura.

Etapas na adquisición da lectura
http://infantilcarballeira.blogspot.com/2016/11/etapas-na-adquisicion-da-lectura.html

Etapas na adquisición da escritura
http://infantilcarballeira.blogspot.com/2016/11/etapas-na-adquisicion-da-escritura.html

13 de outubro de 2019

Temos mascotas novas!!!

Este curso temos mascotas novas!

Curtis, Candi e Cora acompañarannos nas nosas aulas e poderemos seguir convidándoas unha fin de semana ás nosas casas para compartir xogos, experiencias, coñecer a todos os membros da familia, durmir ben xuntiños, gozar da comida favorita...



 





Candela, Jose, Matías, Naida e David foron os afortunados que as levaron estes días. Quen as levará a vindeira vez?

De novo na Biblio do Checho

Volvemos de novo á Biblio do Checho. 

Cantos libros!!! A profe Andrea mostrounos, de entre todos os que hai, cales son os adecuados para nós e lembrou as normas de funcionamento: falar baixiño, non facer barullo, tratar con coidado os libros, manter a biblio limpa e ordenada... 


En nada xa empezaremos a levar libros para ler en casa con toda a familia!