22 de novembro de 2016

Etapas na adquisición da escritura

Todas as familias están preocupadas polo proceso lecto-escritor dos seus fillos polo que esta información pódelles resultar interesante.

Aquí tedes as etapas no desenvolvemento da escritura infantil (Teberosky e Ferreiro) e unha aproximación das idades nas que se presentan:


 ETAPA PRESILÁBICA:
- Escritura indiferenciada: Os nenos non distinguen as grafías dos debuxos. (Farán o mesmo garabato para debuxar algo que para escribilo) 
- Escritura diferenciada:  Imitan as letras que ven, copiando dun modelo, pero sen ter conciencia real do que escriben.



ETAPA SILÁBICA: Comezan a establecer relacións entre o son das palabras e o seu grafismo. Identifican a sílaba, pero adoitan representala cunha soa letra (normalmente vogais, que para eles teñen maior sonoridade)



ETAPA SILÁBICO ALFABÉTICA: Establecen correspondencias entre as sílabas e o que escriben, pero non son capaces de segmentar todos os elementos sonoros da palabra, o que fai que deixen sen escribir algunhas letras.


ETAPA ALFABÉTICA: Recoñecen unha correspondencia alfabética a cada son da palabra, tanto consonantes como vogais, aínda que deberán aprender a ortografía correcta.



Agora ben,  este non é o punto final do proceso, xa que logo enfrontaranse con outras dificultades (ortografía, separación de palabras, etc.).




Ningún comentario:

Publicar un comentario