29 de abril de 2020

Proxecto: Planeta azul

En 6º de infantil estamos a investigar a auga como fonte de vida. 
Estes dias centrámonos no ciclo da auga e as súas diferentes fases. Estamos a aprender moitísimo! 



Pequerrech@s da Carballeira: Lucas e David T from Educación Infantil on Vimeo.

Proxecto: Garras e caninos

As alumnas e alumnos de 5º de educación infantil seguimos a investigar sobre o tema dos animais salvaxes.

Desta vez indagamos sobre os ANIMAIS CON CAPARAZÓN OU CUNCHA.

Aquí vos quedan as nosas fotos e vídeos con todo o que aprendemos... a ver que vos parecen... Esperamos que vos gusten!





Poxecto: Pequenos granxeiros

En 4º de infantil estamos a investigar sobre os animais domésticos e as súas características.
Descubrimos os distintos animais que viven na granxa e tamén os produtos que nos proporcionan e clasificamos os alimentos segundo sexan de orixe animal ou de orixe vexetal.Ata fixemos colares con macarróns!


28 de abril de 2020

Xogamos á Oca

Hoxe traémosvos o xogo da Oca, un xogo moi coñecido adaptado para aprender a ler de forma divertida.



En Familia y cole, o blogue de @jesusjarque, atopamos uns taboleiros que axudarán aos nenos e nenas que se están iniciando na lectura para repasar e interiorizar a lectura de sílabas e palabras dunha maneira máis entretida.


https://familiaycole.com/2014/10/22/juegos-de-la-oca-para-aprender-leer/

Como se xoga: Necesítase, como na oca tradicional, un dado e unha ficha para cada xogador.Lánzase o dado e as fichas avanzan segundo o número obtido. Ao caer nunha casa, o neno ou a nena ten que nomear a letra, sílaba ou palabra da casa na que caeu. Se o fai ben, permanece nela. Se se equivoca ou non o sabe, corríxeselle para que o aprenda, pero a ficha volve á casa na que estaba. En calquera dos casos, continúa o seguinte xogador. Se cae nunha casa de “Oca”, saltarase á seguinte “Oca” dicindo: “de oca a oca e tiro porque me toca”, e volve lanzar o dado.


Nesta ligazón tedes máis taboleiros.

https://photos.app.goo.gl/8JrEBemsg53K8adZ9 

23 de abril de 2020

23 de abril: Día do Libro

Hoxe celebramos o Día Mundial do Libro e os Pequerrech@s querémosvos presentar os contos que máis nos gustaron nestes días que temos tanto tempo para gozar do pracer da lectura, sobre todo se é compartida en familia.



Pequerrech@s da Carballeira: Día do Libro 2020 from Educación Infantil on Vimeo.


Tamen os maiores queren recomendar os seus libros favoritos.

Pequerrech@s da Carballeira: David e Pablo from Educación Infantil on Vimeo.

Pequerrech@s da Carballeira: Jose from Educación Infantil on Vimeo.

Pequerrech@s da Carballeira: Manuela from Educación Infantil on Vimeo.










No blogue da Biblio do Checho tedes tamén outras actividades que realizamos xunto cos compañeiros e compañeiras de primaria.
http://dinamizacioncarballeira.blogspot.com/2020/04/le-abre-as-tuas-as-e-viaxa.html 

Moi feliz Día do Libro!!!

22 de abril de 2020

#EuAprendoEnCasa

#EuAprendoEnCasa son actividades que propón a Editorial SM para estes días de confinamento.

Toda a familia a poñer a mente en marcha con estas adiviñas sobre os astros e o clima.


https://www.bosquedefantasias.com/recursos/adivinanzas-infantiles-cortas/cielo-tierra 

Descobre neste vídeo esta actividade de ioga, para practicar e aprender paso a paso en familia 


Propoñémosche varias manualidades, coa a primeira fabricarán  marcos de fotos con material reciclado e coa segunda aprenderán a facer unha boneca xaponesa que atrae o bo tempo.


https://saposyprincesas.elmundo.es/ocio-en-casa/manualidades-para-ninos/marcos-para-cuadros/ 


 https://www.titerenet.com/2007/06/23/como-hacer-una-teru-teru-bozu/

Aniversarios en tempos de corentena

Este confinamento que nos toca vivir non nos impide poder celebrar os aniversarios de Louay, Iker e Manuel. Sabedes por que? Porque as nosas felicitacións, as nosas apertas e os nosos bicos rompen todas as barreiras para chegar ata eles.


Parabéns, Louay!!!
Parabéns, Iker!!!
Parabéns, Manuel!!!

20 de abril de 2020

Animais para tod@s

Comezando o derradeiro trimestre do curso, os Pequerrech@s seguimos cos nosos proxectos, esta vez sobre o mundo animal.

Os máis pequeniños transformáronse en granxeiros para investigar sobre os animais da granxa: identificar cales son, que coidados precisan, o que comen, que produtos nos proporcionan... para logo traballar a expresión plástica cos que máis lle gusten.

Daniel

Artai

As alumnas de quinto de educación infantil comezamos esta semana unha labor de investigación en equipo para intentar dar resposta a diferentes preguntas sobre os animais salvaxes.
Como a profe ten unha xirafa de mascota, Matilde, na súa casa, propúxonos dar resposta a tres preguntas:
- canto pode medir o pescozo dunha xirafa?
- de que color é a língua das xirafas?
- por que é desa cor?

A XIRAFA from Educación Infantil on Vimeo.


Os máis maiores, dentro do proxecto "Planeta azul", estamos coñecendo moitos animais mariños, os que son peces e os que non o son.
E neste tempo de confinamento con este vídeo de ioga podemos aprender a relaxarnos con diferentes posturas: a da tartaruga, a do cangrexo, a da quenlla e a da estrela de mar,  mentres nos divertimos.



E, para rematar, aquí tedes unha actividade divertida para facer en familia: animaliños con vasos desechables de plástico ou cartón. Temos animais de granxa, animais salvaxes e animais mariños.




https://saposyprincesas.elmundo.es/ocio-en-casa/manualidades-para-ninos/manualidades-de-animales-con-vasos-desechables/


2 de abril de 2020

Máis primavera


Xa chegou a primavera...

...con todo o seu colorido

...a A Camboa

...a Placeres

...a Estribela

...a Cunchidos

...a Pontemuíños

1 de abril de 2020

#DíaMundialAutismo

A solución, abaixo






















Solución: 2 de Abril, Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

#Istayathome

I stay at home pero podemos seguir practicando inglés con estes consellos que nos dá o profe Antonio:

EDUCACIÓN INFANTIL 3 ANOS
1- Escoitar as palabras que estiveches aprendendo no cole (saúdos, cores, números,tempo atmosférico, días da semana e partes do corpo) e repasalas e practicalas nestas canles de Youtube :
- O Máxico mundo dos idiomas (Bilingüe)
- Baby Nenes (Bilingüe)
- English Singsing (Inglés)
2- Durmir e xogar un montón... :)

 EDUCACIÓN INFANTIL 4 E 5 ANOS
1- Escoitar as palabras que estiveches aprendendo no cole (saúdos, cores, números,tempo atmosférico, días da semana, meses, estacións, partes do corpo, roupa, alimentos...) e repasalas e practicalas nestas canles de Youtube :
- O Máxico mundo dos idiomas (Bilingüe)
- Baby Nenes (Bilingüe)
- English Singsing (Inglés)
2- Durmir e xogar dous montóns... :)


https://www.youtube.com/user/EnglishSingsing9 



https://www.youtube.com/playlist?list=PLTGB4DefsN29DqvzynmY-CpgY83KLZK_g 



https://www.youtube.com/channel/UCdt8Maq3DVgcIkE6zgn6iRw