En Familia y cole, o blogue de @jesusjarque, atopamos uns taboleiros que axudarán aos nenos e nenas que se están iniciando na lectura para repasar e interiorizar a lectura de sílabas e palabras dunha maneira máis entretida.
https://familiaycole.com/2014/10/22/juegos-de-la-oca-para-aprender-leer/
Como se xoga: Necesítase, como na oca tradicional, un dado e unha ficha para cada xogador.Lánzase o dado e as fichas avanzan segundo o número obtido. Ao caer nunha casa, o neno ou a nena ten que nomear a letra, sílaba ou palabra da casa na que caeu. Se o fai ben, permanece nela. Se se equivoca ou non o sabe, corríxeselle para que o aprenda, pero a ficha volve á casa na que estaba. En calquera dos casos, continúa o seguinte xogador. Se cae nunha casa de “Oca”, saltarase á seguinte “Oca” dicindo: “de oca a oca e tiro porque me toca”, e volve lanzar o dado.
Nesta ligazón tedes máis taboleiros.
https://photos.app.goo.gl/8JrEBemsg53K8adZ9
Ningún comentario:
Publicar un comentario