20 de abril de 2020

Animais para tod@s

Comezando o derradeiro trimestre do curso, os Pequerrech@s seguimos cos nosos proxectos, esta vez sobre o mundo animal.

Os máis pequeniños transformáronse en granxeiros para investigar sobre os animais da granxa: identificar cales son, que coidados precisan, o que comen, que produtos nos proporcionan... para logo traballar a expresión plástica cos que máis lle gusten.

Daniel

Artai

As alumnas de quinto de educación infantil comezamos esta semana unha labor de investigación en equipo para intentar dar resposta a diferentes preguntas sobre os animais salvaxes.
Como a profe ten unha xirafa de mascota, Matilde, na súa casa, propúxonos dar resposta a tres preguntas:
- canto pode medir o pescozo dunha xirafa?
- de que color é a língua das xirafas?
- por que é desa cor?

A XIRAFA from Educación Infantil on Vimeo.


Os máis maiores, dentro do proxecto "Planeta azul", estamos coñecendo moitos animais mariños, os que son peces e os que non o son.
E neste tempo de confinamento con este vídeo de ioga podemos aprender a relaxarnos con diferentes posturas: a da tartaruga, a do cangrexo, a da quenlla e a da estrela de mar,  mentres nos divertimos.



E, para rematar, aquí tedes unha actividade divertida para facer en familia: animaliños con vasos desechables de plástico ou cartón. Temos animais de granxa, animais salvaxes e animais mariños.




https://saposyprincesas.elmundo.es/ocio-en-casa/manualidades-para-ninos/manualidades-de-animales-con-vasos-desechables/


Ningún comentario:

Publicar un comentario